DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 2025 Páx. 54262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de setembro de 2025, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Laxe (expediente DH.V15.111585).

En cumprimento do previsto no artigo 152.8.b) do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Carlos Martínez Mariño.

NIF: ***0197**.

Expediente: DH.V15.111585.

Lugar: Porto de Laxe.

Parroquia: Laxe.

Concello: Laxe.

Tipo de vertedura: augas residuais industriais.

Caudal máximo anual: 166.017,6 m³/ano.

Punto de vertedura: X=499.986; Y=4.785.570.

Medio receptor: ría de Corme-Laxe (bacía da costa da Coruña, entre A Coruña e Camariñas).

Tratamento/evacuación:

As augas residuais industriais xeradas nas instalacións recóllense en dous depósitos de 300 L, dende os cales se derivan por gravidade cara a un tanque de 600 L, e verten á ría de Corme-Laxe mediante unha condución de PVC.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2025

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras