De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de tentada a notificación persoal sen que se puidese efectuar, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas do procedemento de homologación e/ou validación de estudos estranxeiros non universitarios.
As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer, para seren notificadas, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, como órgano competente para a tramitación do citado procedemento, sita en Santiago de Compostela; Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen teren comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo indicado.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2025
Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos
ANEXO
|
Persoa interesada |
Procedemento |
|
García Mondeja, Daniela |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |
|
Ortiz Hernández, Karen Yamibel |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |
|
Moreiras, Jesica Lorena |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |
|
Lima Pérez, Yadiel Pablo |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |
|
Romero Sarmiento, Luz Esperanza |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |
|
Siviero, Gisela Elizabeth |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |
