DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 2025 Páx. 54216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANUNCIO do 3 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se lle dá publicidade ao inicio de expedientes de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dáselle publicidade á parte substantiva do acordo adoptado polo director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na Coruña:

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que, consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes, ante a Sección de Bolsas do Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, situada no Edificio Administrativo Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º, da Coruña.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Planificación e Xestión Educativa do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Non obstante, no suposto de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo este en calquera banco ou caixa de aforros facendo uso dos documentos habilitados para o efecto e darase así por concluído o expediente.

No mesmo prazo poderá solicitar, na súa delegación do Ministerio de Economía e Facenda, o aprazamento ou fraccionamento do pagamento. Neste último caso, a solicitude de aprazamento considerarase un recoñecemento da débeda».

A Coruña, 3 de outubro de 2025

Indalecio Cabana Leira
Director territorial da Coruña

ANEXO

NIF: 32916321D.

Importe: 610,00 euros.

Curso: 2022/23.

Causa: 1.10.

NIF: 54227241A.

Importe: 560,00 euros.

Curso: 2022/23.

Causa: 1.10.

NIF: 50630413F.

Importe: 2.751,76 euros.

Curso: 2022/23.

Causa: 1.10.

NIF: 32947426H.

Importe: 913,00 euros.

Curso: 2023/24.

Causa: 7.27.

NIF: 49683456Y.

Importe: 410,00 euros.

Curso: 2023/24.

Causa: 1.10.

NIF: 20629282F.

Importe: 2.972,98 euros.

Curso: 2023/24.

Causa: 1.1.

NIF: Y5441644L.

Importe: 2.496,11 euros.

Curso: 2023/24.

Causa: 1.10.

NIF: 09841934G.

Importe: 360,00 euros.

Curso: 2023/24.

Causa: 1.10.

NIF: 35656343H.

Importe: 3.131,03 euros.

Curso: 2023/24

Causa: 1.1.

NIF: 54155693P.

Importe: 410,00 euros.

Curso: 2023/24.

Causa: 1.10.

NIF: 51269968R.

Importe: 826,09 euros.

Curso: 2023/24.

Causa: 1.1.

NIF: Y9526272P.

Importe: 2.696,15 euros.

Curso: 2023/24.

Causa: 1.1.

NIF: 34636393A.

Importe: 913,00 euros.

Curso: 2024/25.

Causa: 7.27.