DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 2025 Páx. 54219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 24 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Baralla (expediente IN407A 2025/19 ATE).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: LMTA derivada depuradora de auga Baralla.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

• LMTA coa orixe no apoio nº 84-6 da LMTA BCR803 e fin no apoio nº 84-9-CT onde se localiza o CT DEP auga Baralla. A liña proxectada deséñase con condutor LA-56 tendido sobre novos postes de celosía respectando a traza existente na maior parte do percorrido. Instalación de 3 novos apoios de celosía e condutor LA-56 cunha lonxitude de 0,232 km.

• Desmantelamento da LMTA existente en condutor LA-15 tendido sobre apoios de madeira e formigón.

• Substitución da LMTA, tramo entre o apoio 84-7 e o 84-7-1, da derivada ao CT barrio Escobio, de lonxitude 37 m, por condutor LA-56.

• Substitución da LMTA entre o apoio 84-8 e o 84-8-1, da derivada ao CT túnel do Neira, de lonxitude 8 m, por condutor LA-56.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70) no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao da última publicación.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía deste departamento territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo, 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no concello de Baralla. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/baralla

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Lugo, 24 de setembro de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de LMTA derivada depuradora de auga Baralla

Concello: Baralla (Lugo).

Expediente: IN407A 2025/19 ATE.

predio

Referencia catastral

Pol.

Parcela

Lugar

Cultivo

Titular

Apoio (nº)

Apoio. Sup.

ocupación

permanente (m2)

Sup. afectada por voo (lonx.)

Sup. afectada por voo (m2)

2

27036A059000320000EH

59

32

Escairo

Monte alto

María Luz Núñez Fernández

7

99

6

27036A058008330000EL

58

833

Rego

Monte alto

Hdros. de Román Fernández Prieto

15

236

9

27036A058008350000EF

58

835

Fachita

Prado

Concello de Baralla

84-9-CT

(1)

10