DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 2025 Páx. 54222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente IN407A 2025/152-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: Substitución dos apoios A8Q1SAE8//19 e A8Q3B6ET//20 da LMT SJG801.

Situación: Cerdedo-Cotobade.

Características técnicas:

– Substitución dos apoios A8Q1SAE8//19 e A8Q3B6ET//20 da liña de media tensión (LMT) SJG801 Ponte Bora, núm. 1, polos apoios C-1000/12 e C-1000/14, respectivamente.

– Retensado dos vans comprendidos entre o apoio A8PXJXBN//18, os proxectados C-1000/12 e C-1000/14 e o A8Q4S2GV//21 (242 metros de condutor LA-56).

A instalación está situada en Cutián, no concello de Cerdedo-Cotobade.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 17 de setembro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2025/152-4.

Denominación: Substitución dos apoios A8Q1SAE8//19 e A8Q3B6ET//20 da LMT SJG801.

Concello: Cerdedo-Cotobade.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio

Servidume

Apoio nº

m2

ml sub.

m2 sub.

1

Lg. Caeiros

Rústico. Agrario. Matogueira

36012A003016370000ZR

Descoñecido

1

2,00

-

-

2

Lg. Porta Casas

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

36012A003016140000ZS

Josefa Barros Barros

María Blanca Barros Barros

2

2,00

-

-