DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 2025 Páx. 54224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Soutomaior (expediente IN407A 2025/121-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: Modificado 2 LMTS PSY810 e substitución CT Comboa (36C441) por CTC.

Situación: Soutomaior.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3×(1×240) Al de 290 metros de lonxitude, coa orixe e final nos empalmes que se van realizar na liña de media tensión subterránea (LMTS) existente PSY8100558, con entrada e saída no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación compacto a 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36053A001006720000XG no lugar de Comboa.

A instalación está situada en Comboa, no municipio de Soutomaior (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 17 de setembro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2025/121-4.

Denominación: Modificado 2 LMTS PSY810 e substitución CT Comboa (36C441) por CTC.

Concello: Soutomaior.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio (m2) CT

Servidume

ml sub.

m2 sub.

1

Pb. Comboa

Rústico Agrario

36053A001006720000XG

María Lusquiños Bouzón

16,81

1,0

14,0