Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Regulamentación e soterramento LMT VAR803B apoios 30-40 e novo CT Renza.
Situación: Vilagarcía de Arousa.
Características técnicas:
– Substitución dos apoios 32 e 39 da liña de media tensión aérea (LMTA) VAR803B polos apoios C-4500/16 e C-2000/16, respectivamente, e instalación do novo apoio C-4500/16 anterior ao apoio 39.
– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-110, de 47 metros de lonxitude con orixe no novo apoio C-4500/16, anterior ao apoio 39, e final no novo apoio 39 (C-2000/16).
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, de 718 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo no novo apoio 32 (C-4500/16) e final no paso aéreo subterráneo no novo apoio C-4500/16, anterior ao apoio 39, con entrada e saída no novo centro de transformación proxectado.
– Centro de transformación compacto, a 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 7834206NH1173S0001IR.
– Retensado do condutor existente dos van contiguos aos novos apoios 32 e 39.
– Desmonte do centro de transformación intemperie Renza 36A196.
– Desmonte da liña de media tensión aérea (LMTA) VAR803 entre o apoio 32 e 39.
A instalación está situada en Renza, parroquia de Sobrán (San Martiño de Fóra), no concello de Vilagarcía de Arousa.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase a disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 19 de setembro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2025/160-4.
Denominación: Regulamentación e soterramento LMT VAR803B apoios 30-40 e novo CT Renza.
Concello: Vilagarcía de Arousa.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
|||
|
Pleno dominio (m2) |
Servidume |
|||||||
|
Apoio/CTC |
m2 |
ml sub. |
m2 sub. |
|||||
|
1 |
Pereira |
Rústico |
36060A042000320000GD |
Hrdos. Joaquín Ferro Ribeiro |
1 |
2,0 |
2,0 |
6,0 |
|
2 |
O Axeiro |
Rústico |
36060A044001130000GX |
Descoñecido |
2 |
2,0 |
||
|
4 |
Sobrán |
Rústico |
7834206NH1173S0001IR |
José Ramón Vidal Vázquez |
CTC |
25,63 |
||
