DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 2025 Páx. 54229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Campo Lameiro (expediente IN407A 2025/158-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: Substitución dos apoios A8UMXAGD//5 e A8U2QC00//6 da LMT SJG801.

Situación: Campo Lameiro.

Características técnicas:

– Substitución dos apoios A8UMXAGD//5 e A8U2QC00//6 da liña de media tensión (LMT) SJG801 polos apoios C-1000/12 e C-2000/14, respectivamente.

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-110, de 99 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-1000/12 e final no apoio proxectado C-2000/14.

– Retensado do van anterior ao apoio proxectado C-1000/12 (82 metros de condutor LA-110) e do posterior ao apoio proxectado C-2000/14 (74 metros de condutor LA-56).

A instalación está situada en Fentáns, no concello de Campo Lameiro.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte)

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 24 de setembro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2025/158-4.

Denominación: Substitución dos apoios A8UMXAGD//5 e A8U2QC00//6 da LMT SJG801.

Concello: Campo Lameiro.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio

Servidume

Apoio nº

m2

ml sub.

m2 sub.

3

Lg. Falcón

Rústico. Agrario. Labradío. Secaño

36007A022005150000DM

Descoñecido

2

2

-

-