DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 2025 Páx. 54159

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito da anualidade 2026 do código de procedemento TR301K, da Orde do 8 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2025-2027 e se procede á primeira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, para persoas traballadoras desempregadas, para os anos 2025 e 2026 (Diario Oficial de Galicia número 130, do 9 de xullo de 2025).

Primeiro. A Orde do 8 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2025-2027 e se procede á primeira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, para persoas traballadoras desempregadas, para os anos 2025 e 2026, establece no artigo 42.3 que a concesión das subvencións estará condicionada á existencia de crédito suficiente na anualidade que corresponda. De ser o caso, segundo o establecido no artigo 14.5 das bases reguladoras, o esgotamento do crédito publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e procederá a inadmisión de todas as solicitudes presentadas que non fosen tramitadas ata ese momento, sen necesidade de ningunha actuación previa.

Segundo. A dita orde establece no seu artigo 14 que as solicitudes de subvención se tramitarán e resolverán de acordo coa orde de presentación destas, en función do cumprimento dos requisitos exixidos e sempre que a solicitude e a documentación que se achegue estean completas. No caso de que fose necesario emendar a solicitude, entenderase como data de presentación, para os efectos de determinar a orde de prelación antes citada, a da súa emenda.

Terceiro. O artigo 42.1 da primeira convocatoria establece o crédito destinado a estas subvencións, por importe total de 50.000.000,00 €, dos cales 30.000.000,00 € corresponden á anualidade 2025 e 20.000.000,00 € á anualidade 2026, coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias:

Aplicación orzamentaria

Entidades que financia

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Importe total

14.03.323A.460.1

Entidades locais

1.701.000,00 €

1.134.000,00 €

2.835.000,00 €

14.03.323A.471.0

Empresas

22.089.000,00 €

14.726.000,00 €

36.815.000,00 €

14.03.323A.481.0

Entidades sen ánimo de lucro

6.210.000,00 €

4.140.000,00 €

10.350.000,00 €

Total

30.000.000,00 €

20.000.000,00 €

50.000.000,00 €

Cuarto. A dispoñibilidade de crédito en cada anualidade considerarase no seu conxunto, independentemente do tipo de entidade solicitante, e de acordo co establecido no artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, a alteración da distribución entre as distintas aplicacións non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria. Para estes efectos, publicarase no Diario Oficial de Galicia a correspondente resolución de redistribución de crédito entre aplicacións orzamentarias na anualidade 2026.

Quinto. A disposición derradeira primeira da Orde do 8 de xullo de 2025 establece que se autoriza a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta disposición.

En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito da anualidade 2026 indicado no punto terceiro, ao abeiro do procedemento TR301K, da Orde do 8 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2025-2027 e se procede á primeira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, para persoas traballadoras desempregadas, para os anos 2025 e 2026.

A derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito da anualidade 2026 foi a correspondente ao expediente TR301K-2025/000246-5, acción formativa 2025/002984-01, presentada na sede electrónica, nos termos recollidos no artigo 6 das bases reguladoras, o día 1.10.2025 ás 17.45.06 horas.

Dado que o crédito da anualidade 2025 aínda non se esgotou, poderían concederse aquelas solicitudes de accións formativas que puidesen impartirse integramente dentro do ano 2025, aínda que a data de presentación fose posterior á indicada no parágrafo anterior.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2025

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego