DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 2025 Páx. 54273

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da convocatoria para a provisión definitiva de dous postos de traballo do subgrupo C1 mediante concurso de traslados.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, núm. 186, do 30 de setembro de 2025, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión definitiva de dous postos de traballo encadrados no grupo C, subgrupo C1, pertencentes ao cadro de persoal orzamentario de funcionarios/as e relación de postos de traballo (RPT) deste concello, en situación de cobertura provisional e susceptibles de seren convocados para a súa provisión definitiva mediante concurso, que se corresponden cos postos cos números 01.00.00.04 e 03.00.00.02 da RPT.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 2 de outubro de 2025

Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde