De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración,
Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Acto que se notifica |
Ref. catastral Polígono/Parcela |
Localización |
Interesado Persoa responsable |
|
Orde de execución (exp. 1518-2025) Resolución de inicio O.E. do 23.9.2025 |
36043A036012260000JM (Polígono 36-Parcela 1226) |
Rebordelo-A Ínsua Ponte Caldelas |
Elvira Freitas |
|
Orde de execución (exp. 1519-2025) Resolución de inicio O.E. do 23.9.2025 |
36043A036008820000JH (Polígono 36-Parcela 882) |
Rebordelo-A Ínsua Ponte Caldelas |
Otilia Dasilva Baqueiro |
|
Orde de execución (exp. 1520-2025) Resolución de inicio O.E. do 23.9.2025 |
36043A036008810000JU (Polígono 36-Parcela 881) |
Rebordelo-A Ínsua Ponte Caldelas |
Palmira Garrido Boullosa |
|
Orde de execución (exp. 1521-2025) Resolución de inicio O.E. do 23.9.2025 |
36043A036008800000JZ (Polígono 36-Parcela 880) |
Rebordelo- A Ínsua Ponte Caldelas |
Otilia Dasilva Baqueiro |
|
Orde de execución (exp. 1522-2025) Resolución de inicio O.E. do 23.9.2025 |
36043A036008840000JA (Polígono 36-Parcela 884) |
Rebordelo-A Ínsua Ponte Caldelas |
María Aspera Ventín |
|
Orde de execución (exp. 1523-2025) Resolución de inicio O.E. do 23.9.2025 |
36043A036009070000JZ (Polígono 36-Parcela 907) |
Rebordelo-A Ínsua Ponte Caldelas |
Mercedes Purificación Vidal Baqueiro |
|
Orde de execución (exp. 1524-2025) Resolución de inicio O.E. do 23.9.2025 |
36043A036008780000JU (Polígono 36-Parcela 878) |
Rebordelo-A Ínsua Ponte Caldelas |
Felisa Cambeses Garrido |
|
Orde de execución (exp. 1525-2025) Resolución de inicio O.E. do 23.9.2025 |
36043A036008790000JH (Polígono 36-Parcela 879) |
Rebordelo-A Ínsua Ponte Caldelas |
Palmira Garrido Boullosa |
|
Orde de execución (exp. 1528-2025) Resolución de inicio O.E. do 23.9.2025 |
36043A036008730000JI (Polígono 36-Parcela 873) |
Rebordelo-A Ínsua Ponte Caldelas |
Elvira Freitas |
En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas incúmprese o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, a cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopa á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.
Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, dos datos catastrais da parcela.
Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia posibilita a este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, repercutindo os custes ás persoas responsables.
Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Ponte Caldelas, 24 de setembro de 2025
Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente
