O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do xoves 25 de setembro de 2025, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación do cambio de uso dotacional da parcela D-ZV do Plan parcial Zapateira-1, Urbanización Montegolf (documentación presentada o 11.9.2025, NRE 202599900008469).
Constan no certificado do Pleno (CVD: xshFLbFarEYnMWFA80dq) os seguintes acordos:
Primeiro. Aprobar o cambio de uso dotacional da parcela D-ZV do Plan parcial Zapateira-1, Urbanización Montegolf, aos usos seguintes:
– Zona deportiva (SX-EQ-DE): 15.319 m2.
– Zona verde 1 (SL-EL-1): 1.854 m2.
– Zona verde 2 (SX-EL-2): 5.175 m2.
– Viario-rúa Raquel Forner (SL-IC-VIA): 2.938 m2.
Segundo. Manter en todo caso a titularidade pública dos terreos afectados e garantir o cumprimento dos estándares urbanísticos de sistemas xerais de espazos libres e zonas verdes, conforme a avaliación do conxunto municipal, que resulta de 612.839 m2 fronte aos 574.876 m2 exixidos polo artigo 42.1.a) da LSG.
Garantir igualmente o cumprimento dos estándares urbanísticos de sistema xeral de equipamento comunitario, que resulta de 218.176 m2 fronte aos 191.625 m2 exixidos polo artigo 42.1.b) da LSG.
Terceiro. Dar traslado do acordo que se adopte ao Departamento municipal de Patrimonio e Bens e incorporar este cambio de uso aos instrumentos de ordenación que proceda cando se redacten modificacións ou revisións do planeamento vixente.
Cuarto. Publicar o acordo de aprobación no Diario Oficial de Galicia (artigo 88.1 da LSG e artigo 209.1 do RLSG) e, posteriormente, remitir a solicitude de inscrición ao Rexistro de Planeamento Urbanístico da Xunta de Galicia, para os efectos de publicidade e eficacia do cambio de uso.
A resolución adoptada poderá ser impugnada directamente mediante un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdición.
Arteixo, 30 de setembro de 2025
O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado de Urbanismo
