DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 2025 Páx. 54463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 29 de setembro de 2025, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en varios expedientes do Programa de axuda ao alugamento de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto obxecto de notificación adoptouse pola xefa de sección de Subvencións e Tramitacións da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 29 de setembro de 2025

Luis Guillermo Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

202415ALUG01298M

***7915**

Requirimento

202415ALUG03945F

***2631**

Requirimento

202415ALUG03955V

***4497**

Requirimento

202415ALUG04387N

***9731**

Requirimento