DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 2025 Páx. 54460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de outubro de 2025 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción: senda na PO-352. A Guarda-Camposancos, de clave PO/24/045.06; así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto. Actuación susceptible de ser cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, recolle no seu artigo 6.2 aqueles elementos que teñen a consideración de elementos funcionais da estrada, entre os que se atopan os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas. Así mesmo, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o 6 de maio de 2024 a Estratexia Galega de Mobilidade, cuxo obxectivo é analizar e planificar en todo o seu conxunto a mobilidade na Comunidade Autónoma de Galicia e adaptala aos retos da sociedade do futuro en materia de mobilidade sustentable.

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 6 de outubro de 2025, aprobouse provisionalmente o proxecto referido, que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013 e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de construción: senda na PO-352. A Guarda-Camposancos, de clave PO/24/045.06, no concello da Guarda (Pontevedra); para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, se é o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013, e no artigo 50 do Decreto 66/2016.

Segundo. Someter ao tramite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito a rectificación dos posibles erros da relación publicada ou opoñerse á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos aos da relación ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación do proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas, no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, na Casa do Concello da Guarda; e na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, onde tamén se atopa un extracto do documento cos obxectivos, a localización e a descrición da actuación:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2025

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Senda na PO-352. A Guarda-Camposancos

Clave: PO/24/045.06

Concello da Guarda

Referencia

catastral

Políg.

Parc.

Titular

NIF

Sit. básica do solo

(RDL 7/2015)

Expropiación m²

Bens afectados

Cant.

Ud.

Descrición

1

36023A02200578

22

578

Ángeles Riego Martínez

***5013**

Rural

61,91

116

m

Peche de malla metálica 1,60 m de altura

2

36023A02200627

22

627

Butano La Guardia, S.L.

B36022564

Rural

58,10

54

m

Muro de pedra 1,60 m de altura

54

m2

Muro de bloques h=0,40 m

3

36023A03700066

37

66

Nuria Martínez Bautista

***0073**

Urbanizado

31,90

20

ud

Muro de pedra 0,60 m de altura

4

36023A03700068

37

68

María Asunción Álvarez Pérez

***0629**

Urbanizado

14,82

20

ud

Muro de pedra 0,40 m de altura

5

36023A03700078

37

78

José Manuel Domínguez Freitas

***8521**

Urbanizado

3,99

María José González Lomba

***8699**

6

36023A03700079

37

79

José Manuel Domínguez Freitas

***8521**

Urbanizado

20,59

7

36023A03700080

37

80

José Elias Rebollar Vega

***1070**

Urbanizado

7,13

30

ud

Muro de pedra 0,40 m de altura