En cumprimento do previsto nos artigos 163 e 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a extinción da concesión de augas que foi outorgada con data do 10 de novembro de 2019, e o outorgamento dunha nova concesión coas mesmas características, que son as seguintes:
Solicitante: Josefa Viana Rodríguez.
DNI: ***1854**.
Expedientes: DH.A36.14445 e DH.A36.103316.
Volume total anual: 12.990 m3/ano.
Destino: uso doméstico e gandeiro.
Orixe: dous mananciais e un pozo de barrena.
Lugar: Barrio.
Parroquia: San Martiño de Asperelo.
Concello: Rodeiro.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de dous mananciais, situados nas parcelas de referencia catastral 36047A120011430000LG e 36047A120007660000LE, que reúnen os seus caudais nunha arqueta situada na segunda delas, desde a que discorre unha tubaxe ata os depósitos existentes na parcela de referencia 36047A120005080000LE, e na captación dun pozo de barrena situado na parcela de referencia 36047A120005100000LJ, que conduce aos mesmos depósitos, desde os que se abastecen a vivenda e explotación veciñas.
O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2025
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
