DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 2025 Páx. 54452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2025 pola que se dá publicidade ao cofinanciamento pola Unión Europea co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2022 da actuación da obra da rede de saneamento nos núcleos da Freixa, O Souto e O Eido na parroquia de Ribadetea. Fase I. Ponteareas (Pontevedra) (expediente AUG-2024-0020).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións financiadas polos ditos fondos, en concreto consonte o anexo III do Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e de acordo coa Estratexia de información e publicidade do PDR 2014-2022 de Galicia, dáselle publicidade á actuación contratada de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e demais normativa de aplicación, que a continuación se indica, por razón do seu cofinanciamento polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, nun 17,50 % pola Xunta de Galicia e nun 7,50 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2022:

1. Poder adxudicador.

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida.

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Código/s CPV: 45232410-9 (obras de saneamento) e 45232431-2 (estación de bombeo de augas residuais).

4. Código/s NUTS do lugar principal da actuación: ES114 Ponteareas (Pontevedra).

5. Descrición do obxecto da actuación contratada: obra da rede de saneamento nos núcleos da Freixa, O Souto e O Eido. Parroquia de Ribadetea. Fase I. Ponteareas (Pontevedra). Referencia de expediente: AUG-2024-0020. Actuación cofinanciada pola Unión Europea co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, nun 17,50 % pola Xunta de Galicia e nun 7,50 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2022.

6. Tipo de procedemento de adxudicación tramitado: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 1.264.257,56 euros. Importe total: 1.529.751,65 euros.

8. Valor estimado do contrato: 1.264.257,56 euros. Coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución da actuación contratada: 6 meses.

10. Criterios de adxudicación.

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e, en aplicación destes, seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (41), memoria descritiva do proceso de execución da obra (17), programa de construción da obra (12), medidas para o impulso demográfico (10), plan de control de calidade da execución da obra (8), plan de proba dos equipos electromecánicos ou automatismos (6), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (4) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (2).

11. Data da adxudicación do contrato: 13 de novembro de 2024.

12. Número de ofertas recibidas.

12.1. Ofertas totais: 26.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 25.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou suscrición do contrato: 20 de novembro de 2024.

14. Empresa contratista.

14.1. Nome da empresa: Extraco, Construccións e Proxectos, S.A.

14.2. NIF: A32002644.

14.3. Enderezo: Camiño da Cima, 24-1º, 32004 Ourense.

14.4. Código NUTS: ES113.

14.5. Correo electrónico: concursos@extraco.es

14.6. Fax: 988 25 19 39.

14.7. Teléfono: 988 23 67 51.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada.

Importe neto: 1.173.357,00 euros. Importe total: 1.419.761,97 euros.

16. Información sobre o proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea relacionado co contrato.

Actuación cofinanciada pola Unión Europea co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, nun 17,50 % pola Xunta de Galicia e nun 7,50 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2022.

A actuación encádrase dentro do PDR na medida 7 Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais; submedida 7.2 Apoio aos investimentos nas creacións, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético; prioridade 6 de desenvolvemento rural Fomentar o desenvolvemento local nas áreas rurais. Europa inviste no rural.

O PDR de Galicia 2014-2022 foi aprobado por Decisión de Execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2025, e modificado por última vez mediante a Decisión de Execución da Comisión C (2025) 1260 final, do 20 de febreiro de 2025. No PDR, na súa submedida 7.2 referida con anterioridade, inclúense as pequenas infraestruturas de abastecemento de auga, saneamento e depuración de augas residuais e xestión de augas pluviais.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfono: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información respecto do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións.

20.1. Publicacións da contratación no perfil de contratante: o anuncio de licitación o 2 de febreiro de 2024, a adxudicación o 13 de novembro de 2024 e a formalización do contrato o 24 de novembro de 2024.

20.2. Cofinanciamento pola Unión Europea da actuación con fondos Feader do PDR de Galicia 2014-2022: o cofinanciamento europeo inicialmente previsto da actuación durante a tramitación do expediente de contratación foi con fondos Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de España, pero procedeuse ao cambio do seu cofinanciamento aos referidos fondos Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2022 por ter a actuación seleccionada encaixe na versión vixente do dito PDR, ao resultar axustada e conforme co contido do PDR e coa normativa comunitaria de aplicación ás axudas financiadas con Feader.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2025

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia