DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 2025 Páx. 54340

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que acorda a incorporación da Asociación Bolboretas no Ceo ao Consello Asesor de Pacientes desta área sanitaria.

De acordo coa Orde do 16 de outubro de 2018 pola que se regulan a composición e o réxime de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, publicada o día 31 de outubro de 2018 no Diario Oficial de Galicia,

ACÓRDASE:

Primeiro. Anunciar a incorporación da Asociación Bolboretas no Ceo ao Consello Asesor de Pacientes da área sanitaria de Vigo.

Vigo, 9 de outubro de 2025

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo