De conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 decembro, sométese ao trámite de información pública o proxecto de ordenación forestal PO-00011209P (2.1), así como o seu estudo de impacto ambiental ordinario, do monte veciñal en man común Vilanova, no concello da Veiga.
Durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación está dispoñible ao público para a súa consulta, nas oficinas do Servizo de Montes de Ourense (rúa Villaamil e Castro, s/n, 1º andar), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e na seguinte ligazón:
https://mediorural.xunta.gal/es/recursos/anuncios
Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.
Durante o prazo sinalado as alegacións, suxestións ou observacións serán dirixidas ao Departamento Territorial de Ourense a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Ourense, 3 de outubro de 2025
José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense
