DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 2025 Páx. 54444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 6 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convoca a persoa interesada ao acto de levantamento da acta de pagamento do prezo xusto do predio afectado por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello do Carballiño (expediente IN407A 2022/47-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócase a persoa interesada ao acto de levantamento da acta de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo ao predio afectado pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA ALB803 apoios núms. D50 e D51, na casa do concello do Carballiño, segundo o calendario e o horario que se sinalan no anexo.

A persoa titular de dereitos sobre o ben afectados deberá comparecer no dito acto por si mesma ou representada por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberá achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, logo da súa solicitude, se lle ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 6 de outubro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado
ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/47-3.

Instalación: Regulamentación LMTA ALB803 apoios núms. D50 e D51.

Concello: O Carballiño.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio

núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Lugar da convocatoria

Data

Hora

3

Sendeiro

32020A037014300000RO

Descoñecido/a

Casa do concello do Carballiño

25.11.2025

13.10