Examinado o expediente instruído por solicitude de UFD Distribución Electricidad, S.A. sobre as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: Proxecto modificado 1 de LMTA, LMTS, CTC e RBTS no Cumial e Muíño do Camba.
Situación: concello de Ourense.
Orzamento: 255.712,46 €.
Características principais do proxecto, que foi asinado o 7.5.2024 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor.
• Instalación dun novo apoio núm. ×1, de celosía metálica, do tipo C-14/2000, que se intercala na LMTA SCV844C entre os apoios existentes núm. D27-5-4 e núm. D27-5-5, e no que se instala un interruptor seccionador telecontrolado (ITC). Substitución do condutor entre o apoio existente D27-5-7 e o apoio proxectado núm. ×1 por 196 m de novo condutor do tipo LA-56.
• LMT soterrada, a 20 kV, de 577 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2 OL 12/20 kV, 3 (1×150 Al), coa orixe no paso A/S proxectado no apoio núm. ×1 anteriormente citado e final no CT proxectado núm. 1.
• CT proxectado núm. 1, do tipo prefabricado rural de manobra exterior, con transformador de 100 kVA e R/T 20.000/400 V.
• Reforma da LMT SCV844C no tramo da derivación que alimenta o CT Cumial-32CA76, coa substitución dos apoios núm. D15-3-1, núm. D15-3-2 e núm. D15-3-3, por tres novos apoios de celosía metálica, do tipo C-16/1000, C-14/2000 e C-14/2000, respectivamente. Substitución do condutor entre o apoio existente núm. D15-3 e o apoio proxectado núm. D15-3-3 por 278 m de novo condutor do tipo LA-56.
• LMT soterrada, a 20 kV, de 413 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2 OL 12/20 kV, 3 (1×150 Al), coa orixe no paso A/S proxectado no apoio proxectado núm. D15-3-3 da SCV844C e final no CT proxectado núm. 2.
• CT proxectado núm. 2, do tipo prefabricado rural de manobra exterior, con transformador de 100 kVA e R/T 20.000/400 V, e que substitúe o CT existente O Cumial-32CA76.
A información pública do proxecto foi realizada mediante o Acordo deste departamento territorial do 21 de maio de 2025, que foi inserido no DOG do 13.6.2025 e no xornal La Región de Ourense do 4.6.2025. O proxecto tamén estivo en exposición pública neste departamento territorial e no portal de transparencia desta consellería durante o prazo regulamentario. Dentro do prazo establecido para iso non foron presentadas alegacións.
En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial
RESOLVE:
Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
O prazo de posta en marcha da instalación que se autoriza será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e no 149 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, dea comezo ao levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada persoa interesada se lle notifique de xeito individual, daqueles predios que figuran no anexo do acordo de información pública do proxecto, arriba sinalado.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Ourense, 25 de setembro de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
