DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 2025 Páx. 54481

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da convocatoria polo procedemento de concurso-oposición, mediante a quenda de promoción interna, dunha praza de persoal técnico medio da Administración xeral.

No BOP núm. 246 do 23 de decembro de 2024 aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, pola quenda de promoción interna, sistema de concurso-oposición, dunha praza de persoal técnico medio da Administración xeral, vacante neste concello.

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte (20) días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 23 de setembro de 2025

O alcalde
P.D. (Acordo do 11.12.2023; BOP núm. 241, do 20 de decembro)
Susana María Sanjurjo Fraga
Concelleira delegada titular da Área de Facenda, Patrimonio,
Recursos Humanos e Estatística