No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) número 235, do 3 de decembro de 2024, publicouse a convocatoria pública de provisión temporal en réxime de comisión de servizos, a través dun procedemento aberto a todas as administracións públicas, dos postos de traballo vacantes de técnico/a de Administración xeral e de administrativo/a da Administración xeral da Unidade de Apoio ao Órgano Responsable do Sistema Interno de Información (ORSII) do Concello de Vigo.
O prazo para presentar as solicitudes e demais documentación será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG); a data deste último anuncio será a que servirá para o cómputo do prazo de presentación de instancias.
A resolución da convocatoria, co nomeamento das persoas seleccionadas, publicarase no BOP de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Vigo.
Vigo, 9 de xaneiro de 2025
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística, Educación,
Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024,
e Acordo da Xunta de Goberno Local da mesma data)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade, Contratación,
Festas e Xestión Municipal
