A Xunta de Goberno local, na súa sesión do 10.10.2025, acordou o nomeamento como persoal funcionario de carreira do Concello de Vigo, con cargo ás prazas de policía local, grupo C, subgrupo C1, da escala de Administración especial, executadas ao abeiro da oferta de emprego público 2023, de:
• Caride Viéitez (DNI **4878***).
• Carrera Paz (DNI **7171***).
• González Freire (DNI **4923***).
• Pereira Vaz (DNI **5699***).
• Rodríguez Alonso (DNI **4930***).
• Suárez Fernández (DNI **1882***).
As persoas interesadas deberán tomar posesión dentro do prazo máximo dun mes a partir da publicación do nomeamento no DOG. De non o faceren, serán declaradas en situación cesante e, consecuentemente, decaídas no seu dereito.
A estes nomeamentos dáselles publicidade conforme o establecido nas bases dos procesos selectivos e na lexislación de función pública vixente.
Vigo, 10 de outubro de 2025
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024 e
Acordo da Xunta de Goberno local do 26.9.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal
