DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 2025 Páx. 54635

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se efectúan o nomeamento como persoal estatutario fixo e a adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas nos procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de enfermeiro/a especialista, fisioterapeuta e terapeuta ocupacional, convocados polas resolucións do 15 de decembro de 2022.

Mediante diversas resolucións desta dirección xeral do 15 de decembro de 2022 (DOG número 3, do 4 de xaneiro de 2023) realizouse a convocatoria, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de enfermeiro/a especialista, fisioterapeuta e terapeuta ocupacional.

Así mesmo, mediante a Resolución do 4 de xuño de 2025 (DOG número 114, do 17 de xuño) publicáronse o nomeamento e a adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas nos procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías de enfermeiro/a especialista, fisioterapeuta, logopeda e de terapeuta ocupacional.

A base 10.4 das resolucións de convocatoria prevé que, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas por diversos motivos non continúen no proceso, se cubrirá a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionadas, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Unha vez realizado o proceso de elección de destino das prazas que resultaron prazas vacantes, logo da Resolución de nomeamento do 4 de xuño de 2025 e ao abeiro das resolucións do 15 de decembro de 2022, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Coa finalidade de asegurar a cobertura das prazas convocadas no concurso-oposición, e segundo o que establece a base 10.4 das resolucións de convocatoria, realizouse a oferta das prazas que resultaron vacantes en cada unha das seguintes categorías/especialidades á/ás nova/s persoa/as aspirante/s incluída/s inmediatamente a continuación pola orde de prelación que resultou da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso:

• Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria.

• Enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica.

• Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a).

• Fisioterapeuta.

• Terapeuta ocupacional.

De acordo coas convocatorias, quedaron sen efecto todas as actuacións dos/das aspirantes seleccionados/as que, no prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionaron os destinos que se ofertaron pola orde de prelación que consideraron, non resultaron adxudicatarios/as de ningún destino polo que optaron ou renunciaron á dita elección.

Tamén se recolle na base novena que as persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, non presenten a documentación, ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar neste proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Segundo. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde nas categorías/especialidades de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria, enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica, enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a), fisioterapeuta e terapeuta ocupacional as persoas aspirantes que se inclúen no anexo desta resolución logo de acreditaren o cumprimento dos requisitos establecidos e de realizar a elección de destino segundo o previsto nas bases 9 e 10 das convocatorias dos procesos selectivos.

Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no indicado anexo.

Terceiro. Declarar finalizados os procesos selectivos para o ingreso, polo sistema de concurso-oposición, nas categorías de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria, enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica, enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a), fisioterapeuta e terapeuta ocupacional, convocados polas resolucións do 15 de decembro de 2022, sen prexuízo do previsto na base 10.4 das resolucións de convocatoria para o suposto de situacións en que as persoas seleccionadas por diversos motivos non continúen no proceso.

Cuarto. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

No entanto, nos casos de forza maior, e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación ás prazas adxudicadas levará aparellado o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.

Quinto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, se consta rexistrada en Fides/expediente-e e foi debidamente validada.

Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO
Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos

Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***5601**

Beiro Martínez, Carlos Denis

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

O Bolo con gardas

Bolo, O

Mañá

***7095**

Couto Catoira, Xurxo

A.S. da Coruña e Cee

Oleiros-Perillo

Oleiros

Mañá

***0042**

Domínguez Fernández, Mercedes

A.S. da Coruña e Cee

Casa do Mar

Coruña, A

Mañá

***8553**

Fraga Deus, Melania

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Laza

Laza

Mañá

***6593**

Garrote Recarey, Ana

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Valle Inclán

Ourense

Desprazable

***5561**

González Martínez, Belén

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Novoa Santos-O Couto

Ourense

Mañá

***4625**

López Villar, María

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Fingoi-Nadela

Lugo

Mañá

***8827**

Martínez Patiño, Beatriz

A.S. de Vigo

Covelo

Covelo

Mañá

***4804**

Paz Mazoy, Beatriz

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Sarria

Sarria

Mañá

***9073**

Quintairos Estévez, María Nieves

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

O Barco

Barco de Valdeorras, O

Desprazable

***4640**

Ramos Ons, Paula

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

As Fontiñas

Santiago de Compostela

Desprazable

***7647**

Rey Grandal, María

A.S. de Vigo

A Doblada

Vigo

Tarde

***6971**

Rodríguez Longueira, Silvia

A.S. de Vigo

Teis

Vigo

Tarde

Enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***5254**

Álvarez Fraga, María Asunción

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

***3550**

Campillo Villamor, Irene

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***1474**

Costas Malvido, Silvia

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pontevedra

-

***6340**

Diz Andre, Iria Luisa

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***6763**

Fernández Bugallo, Rosalía

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***4365**

Fernández López, Eva

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Lugo

-

***7232**

Rodríguez Capon, Adriana

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pontevedra

-

Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a)

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***1303**

Álvarez Fernández, Rosa María

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***7329**

Calviño Ríos, Rocío

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***8082**

Miniño González, Rita

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pontevedra

-

***0776**

Prieto Padín, Marta

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital Público de Valdeorras

Barco de Valdeorras, O

-

Fisioterapeuta

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***6455**

Becerra Sexto, Lucía

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

***5089**

Cabanas Rodríguez, Hermes

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital Público de Verín

Verín

-

***4517**

Diz Gómez, Ana Isabel

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pontevedra

-

***3277**

Ferrero Refojos, Paola

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***3566**

Moscoso Díaz, Rebeca

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital Público de Verín

Verín

-

***8534**

Paradela Sanda, Marcos

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital Público de Verín

Verín

-

***7334**

Rey Romero, Jorge Juan

A.S. de Ferrol

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide

Ferrol

-

***3533**

Sastre García, Enrique

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

Terapeuta ocupacional

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***5674**

Reboredo Rodríguez, Jesús Manuel

A.S. de Ferrol

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide

Ferrol

-

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.