DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 2025 Páx. 54630

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a especialista en Obstetricia-Xinecoloxía (matrón/a), fisioterapeuta e terapeuta ocupacional, convocado polas resolucións do 26 de decembro de 2022.

Mediante as resolucións desta dirección xeral do 26 de decembro de 2022 (DOG núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023) realizáronse as convocatorias excepcionais, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso, entre outras, nas categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a especialista en Obstetricia-Xinecoloxía (matrón/a), fisioterapeuta e terapeuta ocupacional.

Pola Resolución desta dirección xeral do 7 de novembro de 2023 (DOG núm. 216, do 14 de novembro) publicouse o nomeamento e a adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de enfermaría. Así mesmo, mediante a Resolución do 4 de xuño de 2025 (DOG núm. 114, do 17 de xuño) publicouse o nomeamento e a adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de enfermeiro/a especialista, fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional.

A base 10.4 da resolución das convocatorias prevé que, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso, se cubrirá a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionadas, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Realizado o proceso de elección de destino das prazas que resultaron vacantes, logo das resolucións de nomeamento do 7 de novembro de 2023 e do 4 de xuño de 2025 e ao abeiro das resolucións do 26 de decembro de 2022, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Coa finalidade de asegurar a cobertura das prazas convocadas neste proceso extraordinario de estabilización polo sistema de concurso de méritos, e segundo o que establece a base 10.4 das resolucións de convocatoria, realizouse a oferta das prazas que resultaron vacantes en cada unha das seguintes categorías/especialidades á/ás nova/s persoa/as aspirante/s incluída/s inmediatamente a continuación pola orde de prelación que resultou da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso:

• Enfermeiro/a.

• Enfermeiro/a especialista en Obstetricia-Xinecoloxía (matrón/a).

• Fisioterapeuta.

• Terapeuta ocupacional.

De acordo coas convocatorias, quedaron sen efecto todas as actuacións dos/das aspirantes seleccionados/as que, no prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionaron os destinos que se ofertaron pola orde de prelación que consideraron, non resultaron adxudicatarios/as de ningún destino polo que optaron ou renunciaron á dita elección.

Tamén se recolle na base novena que as persoas aspirantes que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar neste proceso selectivo, non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Segundo. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, nas categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a especialista en Obstetricia-Xinecoloxía (matrón/a), fisioterapeuta e terapeuta ocupacional, as persoas aspirantes que se inclúen no anexo desta resolución, logo de acreditaren o cumprimento dos requisitos establecidos e de realizaren a elección de destino, segundo o previsto nas bases 9 e 10 das convocatorias dos procesos selectivos.

Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no indicado anexo.

Terceiro. Declarar finalizado o proceso selectivo para o ingreso, polo sistema de concurso de méritos, nas categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a especialista en Obstetricia-Xinecoloxía (matrón/a), fisioterapeuta e terapeuta ocupacional, convocados polas resolucións do 26 de decembro de 2022, sen prexuízo do previsto na base 10.4 das resolucións de convocatoria para o suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso.

Cuarto. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

No entanto, en casos de forza maior, e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación ás prazas adxudicadas levará aparellado o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.

Quinto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, se consta rexistrada en Fides/expediente-e e foi debidamente validada.

Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

Enfermeiro/a

***0164**

BENAVIDES GARCIA, LAURA

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela

-

***9926**

BOUZON TOJA, CATALINA

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***2750**

CAMBA FERNANDEZ, FLORA

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***0333**

CARRAGAL TRILLO, MARIA ISABEL

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pontevedra

-

***7254**

CASTELO VAZQUEZ, ANA BELEN

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***4871**

CRUZ GONZALEZ, LETICIA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

***1003**

GERMADE CARBALLO, SILVIA

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Lugo

-

***6828**

MAGALLANES JUSTO, NURIA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

***9699**

REGUEIRO TABOADA, BEGOÑA

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***9844**

REY MARTINEZ, FLORA ISABEL

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

***4897**

VIVERO FERNANDEZ, MARIA JESUS

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Lugo

-

Enfermeiro/a especialista en Obstetricia-Xinecoloxía (matrón/a)

***3646**

SANTAMARINA ALVAREZ, MARIA JOSE

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Lugo

-

Fisioterapeuta

***1137**

MOLANES VIEITEZ, VICTOR MANUEL

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***2562**

PIÑEIRO SEGADE, ROSA KARINA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

Terapeuta ocupacional

***1047**

PRADO LAGO, ESPERANZA MARIA

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.