Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 29 de setembro de 2025 (DOG núm. 189, do 1 de outubro) ao cal foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril) e polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro), esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro) e que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo.
Segundo. Adxudicarlle con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta resolución ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo) e pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril).
Terceiro. De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, o prazo da toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.
O cesamento deberá efectuarse o día 21 de outubro de 2025.
Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte (20) días hábiles e deberá computarse desde o día 22 de outubro de 2025.
Non obstante, o prazo posesorio para o persoal aspirante que superou algún dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e que foron convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro) será dun (1) mes a partir do 22 de outubro de 2025.
No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil ao da data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.
Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público
e Administración de Persoal
ANEXO
Elección de destino definitivo do corpo facultativo de grao medio de Administración especial
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas
|
Nº de orde de elección de destino |
DNI |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
|
1 |
***3771** |
Fernández Sierra, Beatriz |
4 |
IVE192000015001049 |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
MA |
Zona Hidrográfica de Galicia-Norte (A Coruña) |
Ente público empresarial Augas de Galicia (servizos periféricos) |
A Coruña |
A2 |
22 |
|
2 |
***3926** |
Melchor López, Jacobo |
15 |
IVA191000027001016 |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
IV |
Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Lugo |
Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos) |
Lugo |
A2 |
22 |
|
3 |
***5170** |
Rico Díaz, Adrián |
19 |
IVA191000027001017 |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
IV |
Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Lugo |
Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos) |
Lugo |
A2 |
22 |
|
4 |
***5836** |
González Arias, Luis |
3 |
IVA100000215770025 |
Xefatura Sección Técnica I |
IV |
Área de Planificación, Innovación e Seguridade Viaria |
Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) |
Santiago de Compostela |
A2 |
25 |
|
5 |
***4914** |
Vázquez Novo, Diego |
Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público |
||||||||
|
6 |
***2549** |
Lendoiro Santos, Javier |
11 |
IVA100000315770060 |
Xefatura Unidade Técnica de Expropiacións |
IV |
Área de Deseño de Infraestruturas |
Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
26 |
|
7 |
***7125** |
García Ferreiro, Marta |
7 |
IVA191000032001060 |
Xefatura Sección Técnica I |
IV |
Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense |
Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos) |
Ourense |
A2 |
25 |
|
8 |
***9349** |
Pérez García, Enrique |
5 |
IVE192000036560049 |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
MA |
Zona Hidrográfica de Galicia-Sur (Vigo) |
Ente público empresarial Augas de Galicia (servizos periféricos) |
Vigo |
A2 |
22 |
|
9 |
***1179** |
Golobardas Otero, Lidia |
17 |
IVA191000036001010 |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
IV |
Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra |
Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos) |
Pontevedra |
A2 |
22 |
|
10 |
***2797** |
Rial González, Jesús |
6 |
IVA100000315770155 |
Xefatura Sección Técnica III |
IV |
Área de Deseño de Infraestruturas |
Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) |
Santiago de Compostela |
A2 |
25 |
|
11 |
***8172** |
Ferreiro González, Tamara |
18 |
IVA191000036001011 |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
IV |
Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra |
Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos) |
Pontevedra |
A2 |
22 |
|
12 |
***2395** |
Carrasco García, Laura |
Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público |
||||||||
|
13 |
***8846** |
Tamayo Rodríguez, Alfonso José |
2 |
IVE100000515770032 |
Xefatura Sección Técnica |
MA |
S. X. de Planificación da Xestión dos Recursos Hídricos |
Entidade pública empresarial Augas de Galicia |
Santiago de Compostela |
A2 |
25 |
|
14 |
***2170** |
García Somoza, José Javier |
13 |
IVE192000015770039 |
Xefatura Sección Técnica |
MA |
Zona Hidrográfica de Galicia-Centro (Santiago de Compostela) |
Ente público empresarial Augas de Galicia (servizos periféricos) |
Santiago de Compostela |
A2 |
25 |
|
15 |
***3697** |
López Rúa, Carlos |
9 |
IVE192000015770049 |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
MA |
Zona Hidrográfica de Galicia-Centro (Santiago de Compostela) |
Ente público empresarial Augas de Galicia (servizos periféricos) |
Santiago de Compostela |
A2 |
22 |
|
16 |
***3676** |
Balada Pérez, Daniel |
12 |
IVA100000015770036 |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
IV |
Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) |
Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) |
Santiago de Compostela |
A2 |
22 |
|
17 |
***1294** |
Maigler Ojea, Rocío Pilar |
8 |
IVE100000015770036 |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
MA |
Dirección |
Entidade pública empresarial Augas de Galicia |
Santiago de Compostela |
A2 |
22 |
|
18 |
***6431** |
Martínez Pérez, Manuel |
10 |
IVE192000015770047 |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
MA |
Zona Hidrográfica de Galicia-Centro (Santiago de Compostela) |
Ente público empresarial Augas de Galicia (servizos periféricos) |
Santiago de Compostela |
A2 |
22 |
|
19 |
***8118** |
Carbajales Pernas, Romina |
14 |
IVA191000032001065 |
Xefatura Sección Técnica II |
IV |
Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense |
Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos) |
Ourense |
A2 |
25 |
