DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 2025 Páx. 54524

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2025 pola que se adxudican as axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia, convocadas pola Resolución do 2 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 91, do 14 de maio).

Pola Resolución da Axencia Galega de Innovación do 2 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 91, do 14 de maio) convocáronse as subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.

No seu artigo 14 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de valoración avalíe as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no seu artigo 12.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada, na sesión do 30 de setembro de 2025, pola Comisión de Valoración establecida no artigo 11 das bases da Resolución do 29 de xuño de 2025, a Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

Conceder as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia que a seguir se relacionan, polos importes que se indican:

Núm. expediente administrativo

Entidade beneficiaria

NIF

Acrónimo

Importe axuda 2025

Importe axuda 2026

Total axuda (€)

IN845A-1

Asoc. Nac. Ftes. Conservas Pescados y Mariscos-Centro Técnico Nac. Conservación Productos Pesca

G36625309

Anfaco-Cecopesca

349.808,22 €

349.808,22 €

699.616,44 €

IN845A-2

Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste-Centro Tecnolóxico Aimen

G36606291

Aimen

452.906,47 €

452.906,47 €

905.812,94 €

IN845A-3

Clúster da Acuicultura

G36884260

Cetga

164.861,54 €

164.861,54 €

329.723,08 €

IN845A-4

Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética

G27719913

Energylab

196.047,23 €

196.047,23 €

392.094,46 €

IN845A-5

Fundación Centro Gallego de Investigaciones del Agua

G70312020

Cetaqua

235.270,58 €

235.270,58 €

470.541,16 €

IN845A-6

Fundación Instituto Tecnológico de Galicia

G15305923

ITG

347.920,07 €

347.920,07 €

695.840,14 €

IN845A-7

Fundación Centro Tecnológico de Investigación Multisectorial

G70302427

Cetim

348.898,70 €

348.898,70 €

697.797,40 €

IN845A-8

Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia

G36997229

Gradiant

448.216,37 €

448.216,37 €

896.432,74 €

IN845A-9

Fundación para la Promoción de la Inn., Inv. y Des. Tec. en la Industria de Automoción de Galicia

G36871424

CTAG

556.070,82 €

556.070,82 €

1.112.141,64 €

2. O importe total das axudas concedidas para un marco temporal de 2 anos finánciase con cargo á aplicación orzamentaria que se recolle no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

2025

2026

Importe total

07.A2.561A.781.0

3.100.000,00

3.100.000,00

6.200.000,00

3. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 21 da resolución de convocatoria nos prazos establecidos no seu artigo 22.

4. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2025

Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación