DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 2025 Páx. 54547

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2025 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, das persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo) e polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro).

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 29 de setembro de 2025 (DOG núm. 189, do 1 de outubro) a que foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo) e polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro) e que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo.

Segundo. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta resolución ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo).

Terceiro. De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día 21 de outubro de 2025.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles e deberá computarse desde o día 22 de outubro de 2025.

Non obstante, o prazo posesorio para o persoal aspirante que superou algún dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e que foi convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro) será dun mes a partir do 22 de outubro de 2025.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Elección de destino definitivo do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral
da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos

Nº orde de elección de destino

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

Formación

1

***3218**

Naya Belio, Laura

4

IVA100000015770010

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

2

***8548**

González Martínez, Iván

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público

3

***2568**

Álvarez Diñeiro, David

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público

4

***8908**

Cernadas Soto, Jesús Javier

8

IVA100000015770016

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

5

***0062**

Vila Vilariño, María Isabel

10

IVA100000015770017

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

6

***8006**

Martínez Alfonsín, Leticia

9

IVA100000015770018

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

7

***6463**

Fernández Añón, Roi

11

IVE100000015770012

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Dirección

Ente público empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

8

***4793**

López Muíña, Sergio

2

IVE100000015770028

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Dirección

Ente público empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

640

9

***1681**

Castro Conde, María Luisa

13

IVE100000615770023

Xefatura Área de Supervisión

MA

S. X. de Xestión e Execución de Infraestruturas Hidráulicas

Ente público empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

10

***3371**

Varela López, María Inmaculada

3

IVE100000015770010

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Dirección

Ente público empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

11

***3384**

López Otero, María del Carmen

6

IVE192000036560031

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Zona Hidrográfica de Galicia-Sur (Vigo)

Ente público empresarial Augas de Galicia (Servizos periféricos)

Vigo

A1

26

12

***2481**

Ramil Tojeiro, Jorge

7

IVE192000015770031

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Zona Hidrográfica de Galicia-Centro (Santiago de Compostela)

Ente público empresarial Augas de Galicia (Servizos periféricos)

Santiago de Compostela

A1

26

13

***1294**

Gómez Traba, Víctor Manuel

5

IVE100000015770014

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Dirección

Ente público empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

14

***6933**

Bosquet Herreros, Alberto

12

IVE100000015770030

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Dirección

Ente público empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

640

15

***2435**

Mosquera Barreiro, Olalla

17

IVE100000015770029

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Dirección

Ente público empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

640

16

***3144**

Botana Soto, Sonia

14

IVE100000015770031

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Dirección

Ente público empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

640

17

***2730**

Solla Fontán, Uxío

18

IVE100000015770022

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Dirección

Ente público empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

18

***2395**

Carrasco García, Laura

16

IVE192000015770032

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Zona Hidrográfica de Galicia-Centro (Santiago de Compostela)

Ente público empresarial Augas de Galicia (Servizos periféricos)

Santiago de Compostela

A1

26