Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 29 de setembro de 2025 (DOG núm. 189, do 1 de outubro) a que foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de minas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril) e pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de minas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) e que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo.
Segundo. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta resolución ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de minas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril).
Terceiro. De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, o prazo da toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.
O cesamento deberá efectuarse o día 21 de outubro de 2025.
Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles e deberá computarse desde o día 22 de outubro de 2025.
Non obstante, o prazo posesorio para o persoal aspirante que superou algún dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e que foron convocados polas resolucións da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro), será dun mes a partir do 22 de outubro de 2025.
No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.
Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público
e Administración de Persoal
ANEXO
Elección de destino definitivo do corpo facultativo superior de Administración especial
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría,
especialidade de enxeñaría de minas
|
Nº de orde de elección de destino |
DNI |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
|
1 |
***1366** |
Colmenero Guzmán, Manuel Aurelio |
12 |
EIC991000036001107 |
Xefatura Sección Minas |
EC |
Xefatura Territorial de Pontevedra |
Servizos periféricos |
Pontevedra |
A1-A2 |
25 |
|
2 |
***4436** |
Menéndez Secades, Pablo |
1 |
EIC991000027001083 |
Enxeñeiro/a de funcións facultativas |
EC |
Xefatura Territorial de Lugo |
Servizos periféricos |
Lugo |
A1 |
26 |
|
3 |
***9422** |
Negreira Pazos, María Teresa |
11 |
EIC040000215770005 |
Enxeñeiro/a de funcións facultativas |
EC |
S. X. de Recursos Minerais |
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais |
Santiago de Compostela |
A1 |
26 |
|
4 |
***1539** |
Barros Moure, Iago |
2 |
EIC040000215770008 |
Enxeñeiro/a de funcións facultativas |
EC |
S. X. de Recursos Minerais |
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais |
Santiago de Compostela |
A1 |
26 |
|
6 |
***3493** |
Costa Novoa, Sonia |
14 |
MAC030000115770076 |
Enxeñeiro/a de funcións facultativas |
MA |
S. X. de Enerxías Renovables |
Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático |
Santiago de Compostela |
A1 |
26 |
|
7 |
***3036** |
Ovalle Fernández, Ignacio |
7 |
EIC040000215770006 |
Enxeñeiro/a de funcións facultativas |
EC |
S. X. de Recursos Minerais |
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais |
Santiago de Compostela |
A1 |
26 |
|
8 |
***8646** |
Villaverde Sedano, Alberto |
4 |
EIC991000027001081 |
Enxeñeiro/a de funcións facultativas |
EC |
Xefatura Territorial de Lugo |
Servizos periféricos |
Lugo |
A1 |
26 |
|
9 |
***1995** |
Alonso Vila, César |
8 |
EIC991000032001063 |
Enxeñeiro/a de funcións facultativas |
EC |
Xefatura Territorial de Ourense |
Servizos periféricos |
Ourense |
A1 |
26 |
|
10 |
***2324** |
Álvarez Mateo, Montserrat |
13 |
EIC991000027001080 |
Enxeñeiro/a de funcións facultativas |
EC |
Xefatura Territorial de Lugo |
Servizos periféricos |
Lugo |
A1 |
26 |
