DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 2025 Páx. 54556

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2025 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, das persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro) e polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro).

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 29 de setembro de 2025 (DOG núm. 189, do 1 de outubro) a que foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) e polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro) e que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo.

Segundo. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta resolución ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro).

Terceiro. De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, o prazo da toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día 21 de outubro de 2025.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles e deberá computarse desde o día 22 de outubro de 2025.

Non obstante, o prazo posesorio para o persoal aspirante que superou algún dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e que foi convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro) será dun mes a partir do 22 de outubro de 2025.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Elección de destino definitivo do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración
xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos

Nº orde de elección de destino

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Subgrupo

Nivel

Formación

1

***2952**

Cerreda Álvarez, Martín

20

IVA100000015770026

Arquitecto/a superior de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

2

***5848**

Montes Roces, María Orlindes

53

MAC050000015770007

Arquitecto/a-enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

D. X. de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Santiago de Compostela

A1

26

3

***8116**

González García, Lorena

3

EDC991000036001506

Arquitecto/a funcións facultativas

CU

Departamento Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

A1

26

954

4

***9892**

Castro Novais, Patricia

21

IVA100000015770027

Arquitecto/a superior de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

5

***7658**

Díaz Rivera, Ana

5

MAO110000415770022

Arquitecto/a funcións facultativas

IV

Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade

IGVS/Dirección Xeral do IGVS

Santiago de Compostela

A1

26

168

6

***3964**

Cotoya Díaz, Vanesa

58

PSC020000615770023

Arquitecto/a funcións facultativas

PS

S. X. de Proxectos e Informes Técnicos Sectoriais

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

A1

26

7

***4206**

Garabal Fernández, Jesús

57

PSC020000615770022

Arquitecto/a funcións facultativas

PS

S. X. de Proxectos e Informes Técnicos Sectoriais

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

A1

26

8

***2157**

Portela Alonso, David

26

FCA291000036560235

Xefatura facultativo/a superior

FC

Delegación Vigo

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Vigo

A1

26

9

***9657**

Alonso Blanco, Sofía

16

PSC020000615770100

Arquitecto/a funcións facultativas

PS

S. X. de Proxectos e Informes Técnicos Sectoriais

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

A1

26

10

***0959**

González Ocampo, Rocío

2

EDC991000036001218

Arquitecto/A Unidade Técnica funcións facultativas

ED

Departamento Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

A1

26

11

***1426**

Faya Martínez, Fernando

29

EC3020000115770025

Arquitecto/a superior funcións facultativas

EC

S. X. de Promoción Industrial e Solo Empresarial

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Santiago de Compostela

A1

26

12

***4310**

Pereira da Silva, Amelia Rosalía

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público

13

***1684**

Pueyo Varela, Manuel

6

ED2010000415770005

Arquitecto/a funcións facultativas

ED

S. X. de Construcións e Equipamento

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

A1

26

954

14

***0785**

Louzao Pernas, María de la Cruz

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público

15

***1860**

González Blanco, María Isabel

31

ED2010000415770004

Arquitecto/a funcións facultativas

ED

S. X. de Construcións e Equipamento

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

A1

26

954

16

***3807**

Fernández Abad, Inés

56

ED2010000415770008

Arquitecto/a funcións facultativas

ED

S. X. de Construcións e Equipamento

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

A1

26

954

17

***9536**

Simón Barreiro, Elena

19

SAS040000315770014

Xefatura Sección Obras

SA

S. X. de Investimentos

Dirección Xeral de Recursos Económicos

Santiago de Compostela

A1-A2

25

18

***1335**

Labrador García, María

22

ED6010000015770040

Posto base subgrupo A1

CU

D. X. do Patrimonio Cultural

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

A1

20

954

19

***1889**

Reguera Seoane, Miguel

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público

20

***5185**

Pérez Caserío, Cristina

32

ED6010000015770043

Posto base subgrupo A1

CU

D. X. do Patrimonio Cultural

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

A1

20

21

***9346**

Barral Rodríguez, Gema

14

ED6010000115770102

Posto base subgrupo A1

CU

S. X. de Protección do Patrimonio Cultural

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

A1

20

22

***5218**

Castro Rodríguez, Cristina

4

EDC991000036001502

Posto base subgrupo A1

CU

Departamento Territorial Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

A1

20

954

48

***7840**

Ligero Martínez-Risco, Ángel

50

ED6010000015770008

Posto base subgrupo A1

CU

D. X. do Patrimonio Cultural

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

A1

20

954

49

***8946**

Domínguez Tedín, María Meibel

30

ED6010000015770042

Posto base subgrupo A1

CU

D. X. do Patrimonio Cultural

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

A1

20

50

***9269**

Rodríguez González, Mónica

33

ED6010000015770041

Posto base subgrupo A1

CU

D. X. do Patrimonio Cultural

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

A1

20

56

***6246**

Macía Rodríguez, María

27

EDC991000036001501

Posto base subgrupo A1

CU

Departamento Territorial Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

A1

20

954

57

***1915**

López Durango, Ana

23

EDC991000032001501

Posto base subgrupo A1

CU

Departamento Territorial Ourense

Servizos periféricos

Ourense

A1

20

954