DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 2025 Páx. 54688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 29 de setembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Melide (expediente IN407A 2023/239-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CTC e RBTS, rúa Agueiros, s/n, no concello de Melide (expediente IN407A 2023/239-1), por resolución deste departamento territorial, do 23 de xullo de 2025, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con domicilio na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Este departamento territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 2 de decembro de 2025, para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Melide, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 11.9.2023, no Boletín Oficial da provincia do 18.8.2023 e no xornal La Voz de Galicia do 6.9.2023, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás que se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e posterior levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre as fincas afectadas sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 29 de setembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña