En cumprimento do previsto no artigo 152.8.b) do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:
Solicitante: OCP Sales Agents, S.L.
NIF: B94082302.
Expediente: DH.V36.111604.
Lugar: Vilanova de Arousa.
Parroquia: Vilanova de Arousa.
Concello: Vilanova de Arousa.
Tipo de vertedura: augas residuais industriais.
Caudal máximo anual: 167,77 m³/ano.
Punto de vertedura: X=513.896; Y=4.712.308.
Medio receptor: ría de Arousa.
Tratamento/evacuación: as augas residuais industriais procedentes das piscinas da cetaria vértense á ría de Arousa na liña de costa, mediante unha condución de formigón.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2025
Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras
