DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 2025 Páx. 54715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 24 de setembro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Boqueixón (expediente DH.A15.68187).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Garcilva, S.L.

DNI: ***4648**.

Expediente: DH.A15.68187.

Volume total anual: 10 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,07 l/s.

Destino: recreativo.

Orixe: A) X= 550.034, Y= 4.737.845 (fuso 29 ETRS89).

B) X= 550.013, Y= 4.737.765.

Lugar: Donas.

Parroquia: Donas (San Pedro).

Concello: Boqueixón (A Coruña).

Descrición do aproveitamento: o aproveitamento de augas consiste na captación de dous mananciais nas parcelas 15012A038000880000EX e 15012A038000890000EI da parroquia de Donas, do concello de Boqueixón, con destino a unha fonte ornamental no complexo turístico situado na parcela 001600600NH53G0001TZ.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 881 99 90 97.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2025

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro