Antecedentes de feito:
Primeiro. Mediante a Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 7 de maio de 2025 aprobáronse provisionalmente os mapas estratéxicos de ruído da Rede autonómica de estradas de Galicia, cuarta fase (clave GA/23/041.09.1).
Segundo. Con data do 20 de maio de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 95) o Anuncio do 8 de maio de 2025 polo que se sometían ao trámite de información pública os mapas estratéxicos de ruído da Rede autonómica de estradas de Galicia, cuarta fase (clave GA/23/041/09.1).
Terceiro. Durante o trámite de información pública, conforme aos certificados emitidos polos organismos oficiais competentes, un total de 4 concellos (Arteixo, Coristanco, Santiago de Compostela e Vigo) presentaron alegacións.
Cuarto. Durante o trámite de información pública detectáronse os seguintes erros:
– Os límites dos termos municipais representados nos mapas en pdf non se corresponden cos utilizados no cálculo e establecidos nas instrucións para a entrega dos datos asociados aos mapas estratéxicos de ruído e plans de acción contra o ruído da cuarta fase do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Neste sentido deben corrixirse os mapas en pdf das seguintes UMEs: AC-543, AC-841_1, AG-56, AG-59, CG-1.5, AG-53, OU-105, OU-525, OU-536, OU-540, AG-41, AG-57, PO-308, PO-331_1, PO-510, PO-531, PO-542 e VG-4.4.
– Na UME AC-164 hai un erro no uso dun edificio situado á altura do p.q. 6+430, marxe dereita. Tratase dun edificio de uso industrial/terciario, ao cal se lle asignou erroneamente un uso cultural.
– Nos mapas en pdf da UME PO-531 repítese a folla 5 do mapa. Debe eliminarse esta folla repetida, corrixirse a numeración das follas dos planos e corrixirse a numeración da distribución de follas do plano guía.
– Nos mapas en pdf da UME AG-11 as follas 10 e 12 están intercambiadas. Debe corrixirse a posición destas follas.
– No mapa de zona de afección das UMEs LU-662 e VG-1.2 e nos mapas de niveis sonoros dos indicadores Ld, Le, Ln e Lden da UME CG-4.1 falta o plano guía.
– A lonxitude total da UME AC-550_002 é de 10.803,89 metros. Sen embargo, na táboa 2 Descrición das UMEs da memoria resumo dos mapas recóllese unha lonxitude de 10.803,88 metros.
Fundamentos de dereito:
O artigo 14 da Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, establece a obriga de aprobar, previo trámite de información pública por un período mínimo dun mes, mapas de ruído correspondentes a cada un dos grandes eixes viarios, aqueles cun tráfico superior aos tres millóns de vehículos ao ano.
Os mapas estratéxicos de ruído da Rede autonómica de estradas de Galicia elaborados, correspondentes á cuarta fase da Directiva 2002/49/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de xuño de 2002, sobre avaliación e xestión do ruído ambiental, cumpren os requisitos que exixe a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, o Real decreto 1513/2005, do 16 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no referente á avaliación e xestión do ruído ambiental, e o Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.
Os mapas estratéxicos de ruído da Rede autonómica de estradas de Galicia sometéronse ao trámite de información pública, durante un período dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
De acordo con todo o exposto e tralos certificados e alegacións presentados,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar o expediente de información pública e definitivamente os mapas estratéxicos de ruído da Rede autonómica de estradas de Galicia, cuarta fase, que se relacionan a continuación, coas seguintes modificacións:
1. Corrección dos límites dos termos municipais representados nos mapas en pdf, xa que non se correspondían cos utilizados no cálculo e establecidos nas instrucións para a entrega dos datos asociados aos mapas estratéxicos de ruído e plans de acción contra o ruído da cuarta fase do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Neste sentido corrixíronse os mapas en pdf das seguintes UMEs: AC-543, AC-841_1,
AG-56, AG-59, CG-1.5, AG-53, OU-105, OU-525, OU-536, OU-540, AG-41, AG-57, PO-308,
PO-331_1, PO-510, PO-531, PO-542 e VG-4.4.
2. Corrección do uso dun edificio situado á altura do p.q. 6+430, marxe dereita, da UME AC-164. Trátase dun edificio de uso industrial/terciario, ao cal se lle asignara erroneamente un uso cultural.
3. Nos mapas en pdf da UME PO-531, eliminouse a folla 5 do mapa que estaba repetida e corrixiuse a numeración das follas nos planos e a numeración da distribución de follas do plano guía.
4. Nos mapas en pdf da UME AG-11 corrixiuse a posición das follas 10 e 12 que estaban intercambiadas.
5. No mapa de zona de afección das UMEs LU-662 e VG-1.2 e nos mapas de niveles sonoros dos indicadores Ld, Le, Ln e Lden da UME CG-4.1 faltaba o plano guía e incorporouse.
6. Corrixiuse a lonxitude total da UME AC-550_002 na táboa 2. Descrición das UMEs da memoria resumen dos mapas. A lonxitude correcta é de 10.803,89 metros.
|
Estrada |
UME |
P.Q inicio |
P.Q. |
Lonxitude |
Municipios |
|
AC-012 |
C_GAL_15_AC-012 |
1+600 |
4+160 |
2.531,92 |
A Coruña; Oleiros |
|
AC-115 |
C_GAL_15_AC-115 |
2+370 |
4+710 |
2.332,52 |
Neda |
|
AC-164 |
C_GAL_15_AC-164 |
0+000 |
7+240 |
7.209,22 |
Bergondo; Paderne |
|
AC-174 |
C_GAL_15_AC-174 |
0+270 |
4+450 |
4.162,03 |
Oleiros |
|
AC-183 |
C_GAL_15_AC-183 |
0+720 |
1+170 |
467,51 |
Sada |
|
AC-211 |
C_GAL_15_AC-211 |
0+000 |
0+700 |
699,16 |
Cambre; Culleredo |
|
AC-305 |
C_GAL_15_AC-305_001 |
22+080 |
23+730 |
1.657,32 |
Boiro |
|
AC-305 |
C_GAL_15_AC-305_002 |
36+300 |
39+710 |
3.389,4 |
Ribeira |
|
AC-418 |
C_GAL_15_AC-418 |
-0+060 |
6+940 |
7.009,56 |
Carballo; Malpica de Bergantiños |
|
AC-523 |
C_GAL_15_AC-523 |
0+000 |
7+270 |
7.256,21 |
Culleredo; A Laracha |
|
AC-543 |
C_GAL_15_AC-543 |
0+500 |
6+250 |
5.738,97 |
Ames; Santiago de Compostela |
|
AC-544 |
C_GAL_15_AC-544 |
1+160 |
8+050 |
6.892,96 |
Ames; Brión; Negreira |
|
AC-550 |
C_GAL_15_AC-550_001 |
67+980 |
72+440 |
4.348,12 |
Noia; Outes |
|
AC-550 |
C_GAL_15_AC-550_002 |
76+210 |
87+000 |
10.803,89 |
Noia; Porto do Son |
|
AC-550 |
C_GAL_15_AC-550_003 |
103+600 |
106+570 |
2.940,24 |
Ribeira |
|
AC-551 |
C_GAL_15_AC-551 |
0+000 |
1+220 |
1.744,77 |
Arteixo |
|
AC-552 |
C_GAL_15_AC-552_001 |
0+000 |
31+000 |
30.798,64 |
Arteixo; Carballo; A Coruña; A Laracha |
|
AC-552 |
C_GAL_15_AC-552_002 |
31+900 |
36+500 |
4.597,9 |
Carballo; Coristanco |
|
AC-552 |
C_GAL_15_AC-552_003 |
80+660 |
91+110 |
10.557,86 |
Cee; Dumbría |
|
AC-553 |
C_GAL_15_AC-553 |
-0+040 |
1+440 |
1.455,34 |
Rianxo |
|
AC-841 |
C_GAL_15_AC-841_001 |
0+000 |
7+590 |
7.521,94 |
Santiago de Compostela, Teo |
|
AC-841 |
C_GAL_15_AC-841_002 |
8+390 |
11+720 |
3.297,4 |
Teo; A Estrada |
|
AC-862 |
C_GAL_15_AC-862 |
1+580 |
7+330 |
5.703,26 |
Ferrol; Narón; Neda |
|
AG-11 |
C_GAL_15_AG-11 |
0+000 |
40+060 |
40.051,75 |
Boiro; Dodro; Padrón; A Pobra do Caramiñal; Rianxo; Ribeira |
|
AG-55 |
C_GAL_15_AG-55 |
2+830 |
35+360 |
32.651,62 |
Arteixo; Carballo; A Coruña; A Laracha |
|
AG-56 |
C_GAL_15_AG-56 |
0+000 |
12+580 |
12.519,44 |
Ames; Brión; Santiago de Compostela |
|
AG-59 |
C_GAL_15_AG-59 |
0+000 |
6+460 |
6.493,78 |
Santiago de Compostela; Teo; Vedra |
|
AG-64 |
C_GAL_15_AG-64 |
2+690 |
12+450 |
9.730,78 |
Narón; Valdoviño |
|
CG-1.5 |
C_GAL_15_CG-1.5 |
12+580 |
27+160 |
14.577,87 |
Brión; Lousame; Noia; Rois |
|
VG-1.2 |
C_GAL_15_VG-1.2 |
0+000 |
4+160 |
4.149,4 |
Ares; Fene; Mugardos |
|
VG-1.2r0 |
C_GAL_15_VG-1.2r0 |
0+000 |
0+630 |
626,94 |
Cabanas; Fene |
|
LU-021 |
C_GAL_27_LU-021 |
0+000 |
1+550 |
1.510,28 |
Lugo |
|
LU-530 |
C_GAL_27_LU-530 |
0+850 |
3+350 |
2.484,08 |
Lugo |
|
LU-539 |
C_GAL_27_LU-539 |
0+000 |
0+970 |
972,32 |
Viveiro |
|
LU-662 |
C_GAL_27_LU-662 |
0+000 |
1+200 |
1.209,32 |
Monforte de Lemos |
|
LU-862 |
C_GAL_27_LU-862 |
82+950 |
90+150 |
7.287,1 |
Viveiro |
|
LU-933 |
C_GAL_27_LU-933 |
-0+040 |
1+090 |
1.080,06 |
Monforte de Lemos |
|
AG-53 |
C_GAL_32_AG-53 |
78+740 |
87+290 |
8.550,14 |
Amoeiro; Maside; Ourense; Punxín; Toén |
|
OU-105 |
C_GAL_32_OU-105 |
2+580 |
4+230 |
1.624,83 |
Ourense; San Cibrao das Viñas |
|
OU-525 |
C_GAL_32_OU-525 |
228+910 |
233+080 |
4.315,41 |
Ourense; San Cibrao das Viñas |
|
OU-536 |
C_GAL_32_OU-536 |
1+000 |
6+040 |
4.995,74 |
Ourense; O Pereiro de Aguiar |
|
OU-538 |
C_GAL_32_OU-538 |
0+000 |
1+070 |
1.088,6 |
San Cibrao das Viñas |
|
OU-540 |
C_GAL_32_OU-540 |
1+150 |
1+830 |
683,17 |
Barbadás; Ourense |
|
AG-41 |
C_GAL_36_AG-41 |
0+400 |
19+180 |
18.689,99 |
Barro; Meaño; Meis; Ribadumia; Sanxenxo |
|
AG-46 |
C_GAL_36_AG-46 |
-0+230 |
11+000 |
11.075,51 |
Moaña |
|
AG-57 |
C_GAL_36_AG-57 |
10+240 |
22+000 |
11.678,51 |
Gondomar; Nigrán; Vigo |
|
CG-4.1 |
C_GAL_36_CG-4.1 |
11+000 |
15+210 |
4.190,22 |
Bueu; Cangas; Moaña |
|
PO-225 |
C_GAL_36_PO-225 |
0+000 |
1+080 |
1.076,41 |
Pontevedra |
|
PO-300 |
C_GAL_36_PO-300 |
10+000 |
11+720 |
1.715,74 |
Cambados |
|
PO-307 |
C_GAL_36_PO-307 |
-0+030 |
4+620 |
4.672,97 |
Vilanova de Arousa; A Illa de Arousa |
|
PO-308 |
C_GAL_36_PO-308 |
0+000 |
17+360 |
17.403,98 |
Pontevedra; Poio; Sanxenxo |
|
PO-316 |
C_GAL_36_PO-316 |
-0+060 |
5+890 |
5.908,42 |
O Grove; Sanxenxo |
|
PO-324 |
C_GAL_36_PO-324 |
0+000 |
2+380 |
2.376 |
Vigo |
|
PO-325 |
C_GAL_36_PO-325 |
0+120 |
15+800 |
15.540,97 |
Baiona; Nigrán; Vigo |
|
PO-331 |
C_GAL_36_PO-331_001 |
0+800 |
5+390 |
4.524,44 |
Mos; O Porriño |
|
PO-331 |
C_GAL_36_PO-331_002 |
12+080 |
18+980 |
6.886,47 |
Gondomar |
|
PO-340 |
C_GAL_36_PO-340_001 |
0+000 |
0+440 |
443,71 |
Tui |
|
PO-340 |
C_GAL_36_PO-340_002 |
16+790 |
21+510 |
4.721,19 |
Baiona; Gondomar; Nigrán |
|
PO-403 |
C_GAL_36_PO-403 |
8+420 |
11+300 |
2.885,26 |
Ponteareas |
|
PO-504 |
C_GAL_36_PO-504 |
0+000 |
0+960 |
962,52 |
Sanxenxo |
|
PO-510 |
C_GAL_36_PO-510 |
0+000 |
13+470 |
13.356,39 |
O Porriño; Salceda de Caselas; Salvaterra de Miño |
|
PO-511 |
C_GAL_36_PO-511 |
0+000 |
0+520 |
524,65 |
Mos; O Porriño |
|
PO-530 |
C_GAL_36_PO-530 |
1+020 |
2+500 |
1.460,13 |
Vilanova de Arousa |
|
PO-531 |
C_GAL_36_PO-531 |
0+000 |
18+800 |
18.974,74 |
Barro; Caldas de Reis; Meis; Pontevedra; Portas; Poio; Ribadumia; Vilanova de Arousa |
|
PO-532 |
C_GAL_36_PO-532 |
3+060 |
6+390 |
3.323,3 |
Pontevedra; Ponte Caldelas |
|
PO-542 |
C_GAL_36_PO-542 |
3+200 |
6+870 |
3.624,53 |
Pontevedra |
|
PO-548 |
C_GAL_36_PO-548 |
7+800 |
19+100 |
11.291,12 |
Catoira; Vilagarcía de Arousa |
|
PO-549 |
C_GAL_36_PO-549 |
0+750 |
5+250 |
4.486,14 |
Vilagarcía de Arousa; Vilanova de Arousa |
|
PO-550 |
C_GAL_36_PO-550_001 |
0+000 |
1+210 |
1.249,33 |
Cambados |
|
PO-550 |
C_GAL_36_PO-550_002 |
6+800 |
10+980 |
4.174,28 |
Cambados; Meaño; Sanxenxo |
|
PO-551 |
C_GAL_36_PO-551_001 |
6+420 |
21+390 |
14.939,96 |
Bueu; Cangas; Marín |
|
PO-551 |
C_GAL_36_PO-551_002 |
26+050 |
33+630 |
7.544,69 |
Moaña |
|
PO-552 |
C_GAL_36_PO-552_001 |
0+000 |
15+600 |
15.562,59 |
Baiona; Gondomar; Nigrán; Vigo |
|
PO-552 |
C_GAL_36_PO-552_002 |
46+850 |
48+490 |
1.638,28 |
A Guarda |
|
PO-552 |
C_GAL_36_PO-552_003 |
57+740 |
62+100 |
4.366,06 |
Tomiño |
|
PO-552 |
C_GAL_36_PO-552_004 |
63+820 |
71+210 |
7.367,54 |
Tomiño; Tui |
|
PO-841 |
C_GAL_36_PO-841 |
11+720 |
21+530 |
9.767,61 |
Teo; A Estrada |
|
VG-4.1 |
C_GAL_36_VG-4.1 |
19+180 |
26+050 |
6.831,21 |
Sanxenxo |
|
VG-4.2 |
C_GAL_36_VG-4.2 |
0+000 |
4+500 |
4.476,08 |
Cambados; Meis; Ribadumia |
|
VG-4.3 |
C_GAL_36_VG-4.3 |
-0+070 |
8+210 |
8.268,21 |
Cambados; Vilagarcía de Arousa; Vilanova de Arousa |
|
VG-4.4 |
C_GAL_36_VG-4.4 |
0+000 |
4+560 |
4.521,85 |
Marín; Pontevedra |
Os documentos dos mapas estratéxicos de ruído da Rede autonómica de estradas de Galicia, cuarta fase poden consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas (https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos).
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2025
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas
