DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 2025 Páx. 54790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 9 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto Campamento de turismo nas proximidades do lugar da Telleira, na parroquia de Artes, no concello de Carballo (expediente 2024/0290).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 7 de outubro de 2025 do proxecto Campamento de turismo nas proximidades do lugar da Telleira, na parroquia de Artes, no concello de Carballo (A Coruña) promovido por Freipe Inversión, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade