DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 2025 Páx. 54791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2025/136-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui Distribuidora, S.L.

Domiclio social: rúa Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: LMTS e CT Remigio.

Situación: Tui.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1-OL-12/20 kV- 3×240 Al, de 34 metros de lonxitude, con orixe e final na arqueta proxectada sobre a liña de media tensión subterránea (LMTS) existente que provén da subestación de Pazos, con entrada e saída no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación a 400 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V.

A instalación está situada no Seixal, parroquia de Pazos de Reis, no concello de Tui (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, na avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 17 de setembro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. expediente: IN407A 2025/136-4.

Denominación: LMTS e CT Remigio.

Concello: Tui.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio (m2)

Servidume

Centro de transformación

Beirarrúa perimetral

ml sub.

m2 sub.

1

O

Seixal

Urbano

8961101NG2586S0001IU

Luis Madriñán

7,8

17,64

0,7

0,12