DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 2025 Páx. 54769

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 9 de outubro de 2025 pola que se resolve a convocatoria do procedemento de integración no corpo de profesorado de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED021A no período que abrangue desde o 21 de febreiro de 2025 ata o 20 de maio de 2025), convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 18, do 26 de xaneiro).

A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, na súa disposición adicional décimo primeira, punto primeiro, na redacción dada pola Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da formación profesional, regula a integración de profesorado do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional no corpo de profesores de ensino secundario.

En desenvolvemento da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, ditouse o Real decreto 800/2022, do 4 de outubro, que regula a integración do profesorado do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional no corpo de profesores de ensino secundario, modifica diversos reais decretos relativos ao profesorado de ensinanzas non universitarias e constitúe o marco común básico normativo da regulación do procedemento para a integración do profesorado do corpo de profesores técnicos de formación profesional, a extinguir, no corpo de profesores de ensino secundario que van desenvolver as diferentes administracións educativas competentes, determinando os requisitos, os efectos e o procedemento para executar a dita integración.

Para os efectos de dar cumprimento ao mandato de desenvolvemento do procedemento de integración que establece o citado real decreto, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023, realizou unha nova convocatoria do procedemento para que o profesorado do corpo, a extinguir, de profesorado técnico de formación profesional se integre no corpo de profesorado de ensino secundario (código de procedemento ED021A) (DOG núm. 18, do 26 de xaneiro).

A citada orde ten por obxecto convocar un procedemento aberto que abrangue desde o 27 de xaneiro de 2023 ata o 19 de xaneiro de 2026 para que o profesorado funcionario de carreira do corpo, a extinguir, de profesorado técnico de formación profesional que reúna os requisitos e cumpra as condicións establecidas na citada orde poida integrarse no corpo de profesorado de ensino secundario, de conformidade coa normativa básica establecida polo Real decreto 800/2022, do 4 de outubro.

Posteriormente, pola Resolución do 16 de xuño de 2025, da comisión designada neste procedemento como órgano de instrución previsto na base oitava da citada orde, resolve, entre outros termos, de conformidade coas atribucións conferidas na base novena da dita orde, aprobar e publicar a proposta de integración no corpo de profesorado de ensino secundario daquelas persoas que se relacionan no anexo I da citada resolución, así como elevar a citada proposta ao órgano de resolución, isto é, á persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, con respecto ás solicitudes formuladas no marco do procedemento ED021A no período que abrangue desde o 21 de febreiro de 2025 ata o 20 de maio de 2025, convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023.

Consonte o que antecede e para os efectos de dar cumprimento á base décimo segunda da Orde do 17 de xaneiro de 2023, e á vista da proposta da comisión designada efectuada mediante a Resolución do 16 de xuño de 2025, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

DISPÓN:

Primeiro. Estimar, en todos os seus termos, a proposta efectuada pola comisión designada mediante a Resolución do 16 de xuño de 2025.

Segundo. Declara o dereito á integración no corpo de profesorado de ensino secundario do persoal funcionario de carreira do corpo, a extinguir, de profesorado técnico de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia que se relaciona no anexo I desta orde, na especialidade e na data de efectividade que se detalla no citado anexo.

Terceiro. Facultar a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todas as medidas que sexan precisas para o correcto desenvolvemento desta orde.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2025

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades
e Formación Profesional

ANEXO I

Relación definitiva de persoas solicitantes propostas no procedemento de integración no corpo de profesorado de ensino secundario

Orde do 17 de xaneiro de 2023 (código de procedemento ED021A)

(DOG núm. 18, do 26 de xaneiro)

DNI

Apelidos e nome

Especialidade proposta para a integración
no corpo de PES

Data de efectividade

***0181**

Loureiro Varela, Daniel

590228-Soldadura

7.5.2025