DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 2025 Páx. 54772

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, convocado mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Mediante a Resolución do 8 de xullo de 2025 anunciouse, segundo o previsto na base II.1.2.6 da convocatoria, a realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría.

De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, o exercicio consistiu no desenvolvemento por escrito dun (1) tema, para elixir entre tres (3) obtidos mediante sorteo de entre os que figuran no programa correspondente á especialidade a que se opte.

En virtude do previsto nas citadas bases, polo Acordo deste tribunal do 20 de agosto de 2025, establecéronse os criterios de corrección, valoración e superación do exercicio.

O exercicio cualificouse de 0 a 50 puntos e para superalo foi necesario obter un mínimo de 25 puntos.

Na sesión que tivo lugar o 10 de outubro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 3 de abril de 2025 (DOG núm. 69, do 9 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, convocado mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro),

ACORDOU:

Primeiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron, o 11 de setembro de 2025, ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, convocado mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), no portal web corporativo da Xunta de Galicia, xunta.gal/funcion-publica

Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade coa base II.1.1.3, respecto ao terceiro exercicio, estarán exentas da súa realización as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10 días) hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro). Non terá que presentar a documentación xustificativa de exención quen xa acreditase a posesión do Celga requirido e así conste na listaxe de persoas aspirantes publicada, xunto con esta resolución, pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer un recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2025

Marta Lorenzo Carpente
Presidenta do Tribunal

ANEXO

Puntuacións do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría

DNI

Apelidos e nome

Puntuación

Supera a proba

***0263**

Amado Núñez, María del Pilar

29,70

Si

***3732**

Arufe Vázquez, Rosario

31,90

Si

***4165**

Ben García, Alba

32,80

Si

***2871**

Caeiro Aguado, Jesús

35,60

Si

***9107**

Castrillo Vasallo, María

37,30

Si

***2489**

Correa González, Ana María

29,30

Si

***4070**

Costa López, Virginia

26,70

Si

***9536**

Fojo Carballo, Víctor

20,60

Non

***3975**

Franco Doval, Cristina María

25,00

Si

***9576**

Gómez Ouviña, Arturo

38,05

Si

***9696**

Graña Calvo, Lidia

36,70

Si

***8902**

Justo Sanmamed, Sonia

27,10

Si

***1266**

Piñeiro Fernández, Sara

36,60

Si

***9654**

Piñón García, Laura

28,90

Si

***6359**

Rajoy Fernández, Gabriel Eduardo

30,30

Si

***9226**

Rodríguez Lago, Almudena

28,00

Si

***9330**

Toucedo Bárcena, Alicia Fátima

29,80

Si

***3858**

Varela Rodríguez, Lucía

29,95

Si