DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 2025 Páx. 54751

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

DECRETO 85/2025, do 20 de outubro, polo que se dispón que cese Francisco Menéndez Iglesias como director da Axencia Galega de Infraestruturas.

En virtude do establecido no artigo 13.2 do Estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, aprobado polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, e nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de outubro de dous mil vinte e cinco,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Francisco Menéndez Iglesias como director da Axencia Galega de Infraestruturas, agradecéndolle os servizos prestados.

Celanova (Ourense), vinte de outubro de dous mil vinte e cinco

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e
Planificación de Infraestruturas