En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do seu regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada pola Confederación de Empresarios de Galicia, o 3 de outubro de 2025,
DISPOÑO:
Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a César Blanco Gómez.
Santiago de Compostela, trece de outubro de dous mil vinte e cinco
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
