En virtude do establecido no artigo 13.2 do Estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, aprobado polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, e nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de outubro de dous mil vinte e cinco,
Nomeo directora da Axencia Galega de Infraestruturas a María Deza Martínez.
Celanova (Ourense), vinte de outubro de dous mil vinte e cinco
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e
Planificación de Infraestruturas
