DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 2025 Páx. 54843

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2023/U040/000002).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 22 de setembro de 2025, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa para executar as actuacións correspondentes ao xacemento arqueolóxico «Pedra Moura de Aldemunde» incluído no Parque do Megalitismo da Costa da Morte, segundo o documento redactado pola entidade Estudio Técnico Gallego, S.A., e presentado o 21 de agosto de 2025.

Polo que se somete a información pública, polo prazo dun (1) mes, para que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e as reclamacións que xulguen convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Así mesmo, os titulares dos bens e dereitos afectados son requiridos para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios deles. Advírteselles que este anuncio serve de notificación no caso de que estes sexan descoñecidos ou se descoñeza o seu enderezo, segundo o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O documento, en que se inclúe a relación de bens e dereitos afectados polo expediente, estará á disposición dos interesados na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 12.30 horas, e no taboleiro electrónico do Concello na seguinte ligazón:

https://sede.carballo.gal/sxc/es/informacion/tablon/2025/ANUNCIO_PROG_20250926083000325.html

Carballo, 26 de setembro de 2025

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde