No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 177, do 17 de setembro de 2025, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal laboral fixo, dúas prazas de axente de emerxencias e protección civil, con nivel de titulación de graduado na ESO ou equivalente, vacantes no cadro de persoal do Concello, polo sistema selectivo de concurso-oposición libre. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 182, do 23 de setembro de 2022. O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois da publicación antedita os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.
Oleiros, 1 de outubro de 2025
O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía núm. 2023003281, do 21 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal
