Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto obxecto de notificación foi adoptado pola xefa de Negociado IX do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña.
A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial da Coruña do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 7 de outubro de 2025
Luis Guillermo Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto obxecto de notificación |
|
VP-C 059/2025 |
33211572D |
Carta de pagamento |
