O Pleno da Corporación Municipal, na sesión ordinaria realizada con data do 10 de setembro de 2025, aprobou de xeito inicial a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Boiro para o establecemento dunha vía de conexión da DP-1107 coa DP-1106.
De conformidade co previsto no artigo 60.6 e 83.6.b) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e no artigo 144.6 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG), ábrese un trámite de información pública durante un prazo de dous (2) meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas que o desexen poidan presentar as alegacións que xulguen oportunas.
En virtude do mesmo acordo plenario suspendéronse durante o prazo de dous (2) anos a tramitación e o outorgamento de licenzas urbanísticas nas seguintes áreas afectadas por esta modificación puntual: no referente ao solo urbano consolidado, un quinteiro completo e homoxéneo delimitado graficamente no plano 2-B-9 do vixente PXOM, e no referente ao solo rústico, delimitado no plano xeral nº 17 do vixente planeamento.
O documento aprobado de xeito inicial poderá consultarse de forma presencial nas dependencias do Departamento de Urbanismo do Concello de Boiro, situadas na casa do concello (praza de Galicia, s/n, 2º andar).
Tamén estará dispoñible para consulta no Portal de transparencia municipal aloxado na sede electrónica do Concello (https://boiro.sedelectronica.gal), dentro do número 5.1 Planeamento urbanístico.
Boiro, 26 de setembro de 2025
José Ramón Romero García
Alcalde
