De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración,
Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Acto que se vai notificar |
Ref. catastral/polígono/parcela |
Localización |
Interesado/a Persoa responsable |
|
Orde de execución (exp. 1530-2025) Resolución de inicio O.E. do 23.9.2025 |
36043A036008750000JE (polígono 36-parcela 875) |
Rebordelo-A Insua Ponte Caldelas |
Elvira Freitas |
|
Orde de execución (exp. 1534-2025) Resolución de inicio O.E. do 24.9.2025 |
36043A036008690000JX (polígono 36-parcela 869) |
Rebordelo-A Insua Ponte Caldelas |
Otilia Baqueiro Dasilva |
|
Orde de execución (exp. 1535-2025) Resolución de inicio O.E. do 24.9.2025 |
36043A036008680000JD (polígono 36-parcela 868) |
Rebordelo-A Insua Ponte Caldelas |
Francisco Martínez Hermida |
|
Orde de execución (exp. 1536-2025) Resolución de inicio O.E. do 24.9.2025 |
36043A036009080000JU (polígono 36-parcela 908) |
Rebordelo-A Insua Ponte Caldelas |
María Aspera Ventín |
|
Orde de execución (exp. 1539-2025) Resolución de inicio O.E. do 24.9.2025 |
36043A036009110000JU (polígono 36-parcela 911) |
Rebordelo-A Insua Ponte Caldelas |
Palmira Garrido Boullosa |
En virtude do que antecede, comunícaselles que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lles sirva de notificación ás persoas interesadas, e por este fin comunícaselles que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderán acceder a través da sede electrónica desta entidade.
O artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se pudiese determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infructuosa, a notificación da comunicación se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.
O artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, e os custos repercutirán ás persoas responsables.
O artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitarlles os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Ponte Caldelas, 30 de setembro de 2025
Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente
