DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 2025 Páx. 55019

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO de convocatoria dun posto de limpador/a de edificios municipais derivado da oferta de emprego público 2024.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 187, do 1 de outubro de 2025, publicáronse integramente as bases do proceso de provisión dunha praza de persoal laboral fixo para o posto de limpador/a de edificios municipais, asimilable á categoría AP, do Concello do Rosal, incluída na oferta de emprego público do ano 2024, mediante o sistema de oposición en quenda libre.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica do Concello do Rosal.

O Rosal, 1 de outubro de 2025

Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa