DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 2025 Páx. 54951

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo/a superior, escala de facultativos/as, especialidades de medicina, de psicoloxía e de pedagoxía; no corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidades de enfermaría; de fisioterapia; de traballo social; de educador/a social e de terapia ocupacional; no corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de gobernantes/as, especialidade gobernante/a; e no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a Resolución do 15 de xullo de 2025 (DOG núm. 139, do 22 de xullo), a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo/a superior, escala de facultativos/as, especialidades de medicina, de psicoloxía e de pedagoxía; no corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidades de enfermaría; de fisioterapia; de traballo social; de educador/a social e de terapia ocupacional; no corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de gobernantes/as, especialidade gobernante/a; e no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

A base VIII da convocatoria establece que «rematados os prazos de presentación das solicitudes de participación no concurso e de petición de postos de traballo, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal ditará resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na cal se declararán aprobadas as listas de persoas admitidas e excluídas con indicación do lugar en que estarán á disposición das persoas interesadas».

En consecuencia, esta dirección xeral, logo de examinar as solicitudes das persoas participantes,

RESOLVE:

Aprobar a relación provisional de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo/a superior, escala de facultativos/as, especialidades de medicina, de psicoloxía e de pedagoxía; no corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidades de enfermaría; de fisioterapia; de traballo social; de educador/a social e de terapia ocupacional; no corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de gobernantes/as, especialidade gobernante/a; e no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de «concurso de traslados».

A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.

As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días (10) hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para, de ser o caso, poder emendar o defecto que motivou a exclusión. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions e deberá cubrirse e presentarse electronicamente.

Aquelas persoas que non figuren na relación de admitidas nin na de excluídas e solicitasen participar no concurso disporán de igual prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formularen a súa reclamación.

A estimación ou desestimación das peticións de emenda ou reclamacións entenderanse implícitas na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva.

As persoas solicitantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Motivo da exclusión

Barreira

Bascoy

Manuel

***3319**

84

Caamaño

Pérez

Iria

***3287**

84

Cea

Gosenge

María Cruz

***1578**

84

Cerqueiro

Costa

Sandra Manuela

***3302**

84

Cid

López

Inés

***6391**

4

Da Silva

Vecino

Jonatan

***6854**

55, 84

Díaz

Varela

María Luisa

***8283**

73

Diéguez

Teijeiro

Emma

***3676**

84

Fagín

González

María Luz

***5926**

4, 11, 12

Fernández

Martínez

Alberto

***9389**

84

Figueroa

Espiñeira

María del Carmen

***5954**

12

García

Domínguez

Carlos

***2700**

55, 84

García

Lago

María

***0390**

4, 11, 12

Goas

Melle

Marcelo

***7302**

84

Lago

Romero

Raquel

***2508**

84

Lamas

Fariñas

María del Carmen

***2671**

41, 84

López

Montero

Salomé

***1530**

84

López

Nogueira

Zaida

***0855**

55, 73, 84, 114

Medina

Herrera

María Carmen

***7251**

4

Ocampo

López

Cristina

***6127**

84

Real

Bernárdez

Ana María

***4642**

73, 84, 114

Rey

Vázquez

María Fátima

***5545**

84

Rocha

Soto

María Pilar

***2765**

12

Rodríguez

Sío

Beatriz

***6114**

12

Sánchez

André

Sara

***3865**

13, 84

Seijas

Fernández

María Olguita

***0798**

84

Soutullo

García

Amelia

***8535**

4, 12

Veiga

Rodeiro

Sergio

***0617**

84

Vidal

Rodríguez

Margarita

***7491**

12

Vigo

Villaverde

Esperanza Lucía

***2364**

4

Vilaboa

Gandoy

María Carmen

***1429**

84

Relación das causas de exclusión

Cód. causa

Causa de exclusión

4

Falta de nomeamento para o corpo/escala desde o que concursa

11

Tipo de relación laboral non corresponde ao tipo de concurso

12

Corpo-escala, relación de servizo ou tipo de Administración non corresponde ás do concurso

13

Non cumpre o tempo exixido no posto definitivo

41

Non cumpre dos requisitos da base I.1

55

Non reúne os requisitos exixidos na base I da convocatoria

73

Non achega copia da solicitude do condicionado

84

Nomeamento provisional no seu proceso selectivo

114

Falta ou non é válida a documentación da xustificación da solicitude condicionada