DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 2025 Páx. 54859

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 7 de outubro de 2025 pola que se modifica a autorización do centro privado estranxeiro Semente Trasancos, de Neda.

Mediante a Orde do 25 de outubro de 2019 autorizouse a apertura e o funcionamento temporal do centro privado estranxeiro Semente Trasancos, de Neda, para impartir as ensinanzas de Pre-School Section e de Elementary Section do sistema educativo dos Estados Unidos de América, para alumnado español e estranxeiro, prorrogada mediante distintas ordes desta consellería.

A titularidade do centro solicita unha prórroga da autorización temporal e achega un certificado de renovación da elixibilidade do 16 de setembro de 2025, con validez ata o 31 de agosto de 2026, emitido pola New England Association of Schools & Colleges/Commission on International Education (NEASC/CIE), que autoriza as seccións de Infantil (de 3 a 6 anos), para un máximo de 20 alumnos/as, e de Primaria (de 6 a 12 anos), para un máximo de 30 alumnos/as.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Real decreto 806/1993, do 28 de maio, sobre centros docentes estranxeiros en España, así como no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DISPOÑO:

Artigo 1. Prórroga da autorización temporal

Prorrogar, ata o 31 de agosto de 2026, a autorización temporal do centro privado estranxeiro Semente Trasancos, de Neda, para impartir as ensinanzas de Pre-School Section (de 3 a 6 anos) e as de Elementary Section (de 6 a 12 anos) do sistema educativo dos Estados Unidos de América.

Os datos do centro son os que se detallan a seguir:

– Denominación xenérica: centro privado estranxeiro (CPREX).

– Denominación específica: Semente Trasancos.

– Código do centro: 15033216.

– Domicilio: Aldea Roxal, 36.

– Código postal: 15510.

– Localidade: Neda (San Nicolás).

– Concello: Neda.

– Provincia: A Coruña.

– Titular: Asociación Semente Trasancos

Ensinanzas que se autorizan con carácter temporal do sistema educativo dos Estados Unidos de América:

– Pre-School Section (Infantil) para un máximo de 20 alumnos/as.

– Elementary Section (Primaria) para un máximo de 30 alumnos/as.

– Alumnado: español e estranxeiro.

Artigo 2. Validez da autorización

A prórroga da autorización temporal que se cita no artigo 1 terá validez ata o 31 de agosto de 2026, conforme o certificado emitido pola emitido pola New England Association of Schools & Colleges/Commission on International Education (NEASC/CIE).

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Obrigas do centro

O centro queda obrigado a cumprir a normativa vixente e sometido á inspección educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, de conformidade co establecido no artigo 9 do Real decreto 806/1993, do 28 de maio, así como a solicitar unha nova autorización e inscrición no caso de que se produza calquera variación nos elementos e circunstancias que dan lugar a esta autorización.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2025

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional