DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 2025 Páx. 55002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 7 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2024/196-1, no concello de Padrón.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT PAD-809 apoios 5, 6 e 7, no concello de Padrón (expediente IN407A 2024/196-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do referido concello, segundo o calendario e horario aproximado que se sinalan no anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 7 de outubro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/196-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LMT PAD-809 apoios 5, 6 e 7.

Concello: Padrón.

Predio

Lugar

Ref. catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

1

Veiga do Medio

15066A502001320000BA

Descoñecida

11.12.2025

11.15

2

Traveselas

15066A502000240000BI

Descoñecida

11.12.2025

11.15

3

Agro Portonovo

15066A502000180000BR

Descoñecida

11.12.2025

11.15